Gyali

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 36°40′N 27°07′E / 36.667°N 27.117°E / 36.667; 27.117

Gyali - Γυαλί
Vista da illa
Canteiras de pedra pómez en Gyali.
Datos
Capital
País Grecia
Localización Mar Mediterráneo
Arquipélago Dodecaneso
Linguas Grego
Poboación (2001) 10 hab.
Superficie km²
Densidade
Coordenadas 36°40′N 27°07′E / 36.667°N 27.117°E / 36.667; 27.117
Maior Altura 180 m Monte Volcano
Localización
Localización  da illa
Mapa de Cos ca illa de Gyali.

Gyali (Grego moderno: Γυαλί "cristal", tamén chamada Yiali ou Yali, pronunciado ʝaˈli) é unha illa grega volcánica do arquipélago do Dodecaneso localizada a medio camiño entre a costa meridional de Cos e Nísiros. Componse de outeiros de lava de obsidiana riolítica e de depósitos de pedra pómez.[1] A illa ten dous segmentos distintos, coa parte nordés case na súa totalidade de obsidiana e a parte suroeste de pedra pómez. Estes segmentos están conectados por un estreito istmo e a praia está formada por sedimentos de moderno arrecife.


Xeografía[editar | editar a fonte]

En sentido contrario ás agullas do reloxo: Stroggyli, Gyali, Pergoussa, Pachia e Nissyros.

A illa ten 6 km de longo e entre 500 m e 4 km de ancho. Ten unha cova de 180 m de profundidade. Está desprovista de vexetación. O censo de 2001 achegou unha poboación de 10 habitantes. Administrativamente, forma parte do municipio de Nisiros.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gyali,[1]<<Global Volcanism Program>> Smithsonian Institution

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]