Győző Kulcsár

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Győző Kulcsár (en húngaro: Kulcsár Győző), nado en Budapest o 18 de outubro de 1940), é un tirador de esgrima húngaro, xa retirado, gañador de seis medallas olímpicas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pasou a Segunda Guerra Mundial en Suecia, regresando a Hungría en 1946, comezou a practicar esgrima aos quince anos no instituto a partir de 1957 co club Újpesti TE comezou a participar en competicións nacionais. Participou, aos 23 anos, nos Xogos Olímpicos de 1964 celebrados en Toquio, gañando a medalla de ouro na proba por equipos d espada e quedando de noveno na proba individual. Nos Xogos Olímpicos de 1968 de México gañou dúas medallas de ouro nas probas individual e por equipos, metais que foron bronce e novamente ouro respectivamente nos Xogos Olímpicos de 1972 de Múnic. Nos Xogos Olímpicos de 1976 de Montreal revalidou a medalla de bronc en individual e rematou cuarto na proba por equipos, gañando así un diploma olímpico.

Ao longo da súa carreira gañou nove medallas no Campionato do Mundo de Esgrima, tres delas de ouro. Tras retirarse sacou o título de adestrador profesional de esgrima na Facultade de Educación Física (1976), é mestre de armas recoñecido pola Federación de Esgrima Húngara, da que foi secretario xeral (1979-1980) e adestrador do equipo húngaro de esgrima ata 1988, ano no que se estableceu en Italia, adestrando no AC Pro Vercelli. No ano 2001 volveu a Hungría como adestrador do Budapesti Honvéd–LNX. Foi membro do Comité Olímpico Húngaro (2005-2012) e adestrador principal do equipo de espada húngaro ata o ano 2012

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]