Gustavo VI Adolfo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSúa Maxestade Editar o valor em Wikidata
Gustavo VI Adolfo de Suecia
Nome orixinal(sv) Gustaf VI Adolf Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de novembro de 1882 Editar o valor em Wikidata
Estocolmo
Morte15 de setembro de 1973 Editar o valor em Wikidata (90 anos)
Helsingborg
Causa da mortePneumonía Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaKungliga begravningsplatsen (en) Traducir, Första graven Editar o valor em Wikidata
Cargos
Rei de Suecia
Período29 de outubro de 1950 - 15 de setembro de 1973
AntecesorGustavo V de Suecia
SucesorCarlos XVI Gustavo
Datos persoais
ResidenciaPalácio Real de Estocolmo (pt) Traducir
Sofiero Castle (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeSuecia Editar o valor em Wikidata
RelixiónLuteranismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Uppsala Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoArqueoloxía e botánica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónarqueólogo clásico , aristócrata , monarca , botánico , antropólogo , coleccionista de arte Editar o valor em Wikidata
Partido políticoCasa de Bernadotte
Membro de
Interesado enTenis, golf e Pesca con mosca Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua sueca Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militartenente-general (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloRei de Suecia (1950–1973)
Príncipe da Coroa (pt) Traducir (1907–1950)
Príncipe (1882–1950)
Duque (1882–1950) Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Bernadotte Editar o valor em Wikidata
CónxuxeMargaret av Connaught
Louise Mountbatten
FillosGustavo Adolfo, duque de Västerbotten (pt) Traducir, Carlos João Bernadotte (pt) Traducir, unnamed daughter Bernadotte (en) Traducir, Príncipe Bertil, Duque de Halland (pt) Traducir, Sigvard Bernadotte (pt) Traducir, Ingrid da Suécia (pt) Traducir, Bernadotte of Sweden (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisGustavo V de Suecia Editar o valor em Wikidata  e Vitória de Baden (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsGuilherme da Suécia (pt) Traducir e Eurico da Suécia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Bernadotte-9 Find a Grave: 9479278 Editar o valor em Wikidata
Os príncipes herdeiros Gustavo Adolfo e Margarida cos seus fillos, en 1912.

Gustavo VI Adolfo, nado como Oskar Fredrik Vilhelm Olaf Gustaf Adolf en Estocolmo o 11 de novembro de 1882, finado en Helsingborg o 15 de setembro de 1973, foi o rei de Suecia entre 1950 e 1973, fillo máis vello de Gustavo V e de Vitoria de Baden. Casou en 1905 con Margarida de Connaught, e en 1923 con Luísa Mountbatten.

Gustavo VI Adolfo foi rei nunha época onde a institución monárquica perdera case todo papel na vida política sueca. Foi a súa popularidade o que permitiu que a monarquía se mantivese como unha forma de representación histórica e cultural.

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Os reis paseando por Estocolmo.
Gustavo Adolfo e Luísa de Suecia, nos primeiros anos do seu mandato.

Gustavo Adolfo naceu o 11 de novembro de 1882, fillo de Gustavo e Vitoria, naquel momento príncipes herdeiros de Suecia e Noruega. Ao seu nacemento outorgóuselle o título de duque de Escania. Parte da súa infancia pasouna no castelo da illa de Mainau, a residencia dos seus avós maternos en Alemaña, e na residencia da súa avoa materna, a raíña Sofía, o Palacio de Ulriksdal.

En 1902 empezou os seus estudos superiores na Universidade de Uppsala, onde ademais dos estudos que recibía tipicamente un príncipe -historia, economía, arte—, interesouse de maneira especial pola arqueoloxía. Nos seus tempos de universidade, o príncipe participou no descubrimento dun sitio arqueolóxico da idade de bronce, preto de Uppsala, actualmente gardado no Museo Histórico Nacional de Suecia.

A principios de 1905, Gustavo Adolfo estivo no Cairo, onde coñeceu a Margarida de Connaught, a filla máis vella do duque de Connaugth, na celebración do aniversario do khedive Abbas de Exipto. Catro semanas despois comprometeuse con Margarida e en xuño do mesmo ano, a parella casou no Castelo de Windsor. Como regalo de vodas, os príncipes recibiron o Castelo Sofiero de mans do rei Óscar II. Do matrimonio naceron cinco fillos.

A princesa Margarida enfermou e faleceu no verán de 1920. Nos anos da súa viuvez, o príncipe Gustavo Adolfo emprendeu varias viaxes polo estranxeiro. En 1923, en Inglaterra, coñeceu á que sería a súa segunda esposa, Luísa Mountbatten, filla do marqués de Milford Haven e bisneta da raíña Vitoria de Inglaterra. Con Luísa comprometeuse o 1 de xullo de 1923 e contraeu matrimonio o 3 de novembro do mesmo ano en Londres.

Reinado[editar | editar a fonte]

Tras a morte do rei Gustavo V o 29 de outubro de 1950, Gustavo Adolfo adquiriu o título de monarca de Suecia. Foi o primeiro rei sueco desde a chamada Era da Liberdade (1719-1772) sen poder político.

Gustavo VI Adolfo gozou de boa reputación durante o seu reinado. Era un home sinxelo que refugaba a solemnidade e gustáballe pasear pola rúa como cidadán común, ademais das súas inclinacións culturais moi claras. A súa popularidade fixo que a opinión pública se inclinara por manter a monarquía en Suecia, aínda que de modo nominal. A nova constitución, non obstante, non vería a luz até 1975, despois da morte do monarca, cando se lle retiraron á institución monárquica a maior parte dos seus poderes no marco do estado democrático.

Gustavo VI Adolfo foi coñecido por ser un entusiasta afeccionado en diversos eidos do coñecemento. Viaxaba regularmente a Italia para tomar parte en escavacións de investigación arqueolóxica. Tamén participou en expedicións a Grecia e a China. Foi aceptado como membro honorífico da Academia Británica en 1953. Realizou unha viaxe diplomática a Estados Unidos en 1927. Visitou os residentes suecos en Estonia en 1931. Foi presidente da Real Federación Deportiva Sueca e fundou o Instituto Sueco en Roma. Durante o seu reinado efectuouse a recuperación do navío de guerra Vasa, no cal mostrou un grande interese.

Cando contaba con 90 anos, o rei enfermou seriamente en agosto de 1973. A súa saúde atopábase bastante minada como resultado de varias afeccións: pneumonía, úlcera gástrica, fibrilación auricular e insuficiencia renal. Faleceu o 15 de setembro de 1973 no hospital de Helsingborg, rodeado dos seus familiares máis achegados. A data de falecemento do rei coincidiu cunha época turbulenta en Suecia, na que se inclúe o roubo de Norrmalmstorg e a fin das campañas políticas rumbo ás eleccións parlamentarias. Foi sucedido polo seu neto de 27 anos, o príncipe Carlos XVI Gustavo.

Intereses[editar | editar a fonte]

Desde a súa adolescencia Gustavo Adolfo participou en investigacións arqueolóxicas. Xa de adulto, a arqueoloxía sería a disciplina onde destacaría de forma máis evidente. Participou en expedicións arqueolóxicas en Suecia, Exipto, Italia, Grecia e a China. De maneira autodidacta, foi un gran estudante de historia, arte chinesa e arquitectura. Outros intereses eran a botánica e a xardinería. No palacio Sofiero, a súa residencia estival, cultivou flores do xénero Rhododendron, das que sería un gran coleccionista. Gustáballe a vida ao aire libre, practicaba tenis e golf, e tivo unha casiña na Laponia onde practicaba a pesca.

Familia[editar | editar a fonte]

Do seu matrimonio en 1905 con Margarida de Connaught, naceron cinco fillos:

  1. Gustavo Adolfo (1906-1947), duque de Västerbotten.
  2. Sigvard (1907-2002), duque de Uppland até 1934; conde de Wisborg a partir de 1950.
  3. Ingrid (1910-2000), raíña de Dinamarca desde 1947, consorte de Frederico IX.
  4. Bertil (1912-1997), duque de Halland.
  5. Carlos Xoán (1916- ), duque de Dalecarlia até 1946; conde de Wisborg desde 1951 até hoxe.

Das súas segundas nupcias, con Luísa Mountbatten en 1923, quen se converteu en raíña consorte, non tivo ningún fillo.

De Gustavo VI Adolfo descenden o rei Carlos XVI Gustavo, fillo do príncipe Gustavo Adolfo —falecido traxicamente en 1947— e a raíña Margarida II de Dinamarca, filla da princesa Ingrid.

Rei de Suecia

Segue a:
Gustavo V de Suecia
Gustavo VI Adolfo
Precede a:
Carlos XVI Gustavo
Casa de Bernadotte