Gustav Krupp

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gustav Krupp
Nacemento7 de agosto de 1870
Lugar de nacementoA Haia
Falecemento16 de xaneiro de 1950
Lugar de falecementoSchloss Blühnbach
SoterradoEssen
NacionalidadeAlemaña
Alma máterUniversidade de Heidelberg
Ocupaciónbanqueiro, diplomático, emprendedor, xurista, político e fabricator
PaiGustav von Bohlen und Halbach
NaiSophie Bohlen
CónxuxeBertha Krupp
FillosAlfried Krupp von Bohlen und Halbach, Arnold von Bohlen und Halbach, Claus von Bohlen und Halbach, Irmgard Eilenstein, Berthold von Bohlen und Halbach, Harald von Bohlen und Halbach, Waldtraut von Bohlen und Halbach e Eckbert von Bohlen und Halbach
PremiosCrachá Dourado do Partido Nazi, Medalha Harnack, Wehrwirtschaftsführer, Adlerschild des Deutschen Reiches e Medalha Goethe de Arte e Ciência
Na rede
WikiTree: Von_Bolen_und_Halbach-1
editar datos en Wikidata ]

Gustav Krupp von Bohlen und Halbach (7 de agosto de 187016 de xaneiro de 1950) foi un diplomático e empresario alemán, xestor do grupo de industria pesada Krupp AG desde 1909 a 1941. Foi procesado no Xuízo de Nuremberg por prácticas escravistas con presos.

Era fillo dun diplomático alemán destinado na Haia. Dedicouse, igual que o seu pai, á carreira diplomática e estivo destinado en Washington, Pequín e na Cidade do Vaticano. Casou con Bertha Krupp, quen herdara a compañía en 1902 tras o suicidio do seu pai. Logo da voda celebrada en 1906, en 1909 Gustav adoptou o nome de Krupp, relevando á súa esposa de calquera obrigación nunha época na que era impensable que unha muller xestionase unha empresa.

Durante a primeira guerra mundial, Krupp AG tivo o monopolio da fabricación de armas pesadas en Alemaña. Ao iniciarse o conflito a empresa perdeu a maioría dos seus mercados exteriores, pero lles compensou a forte demanda do estado alemán e os seus aliados no conflito.

Obtivo grandes beneficios e foi duramente criticado no seu país por iso ao finalizar a guerra. Despois do Tratado de Versalles, ningunha empresa alemá podía volver fabricar armamento, polo que Gustav reordeno a compañía e diversificou a fabricación para material pesado agrícola. No entanto, fabricou en segredo material militar -pezas de artillaría- para Suecia e os Países Baixos a través de empresas subsidiarias. Na década dos 1930s, usando tamén empresas estranxeiras subsidiarias, iniciou a fabricación de carros de combate e submarinos.

Opúxose á chegada do nazismo ata que en 1933 os seus membros axudáronlle a desfacerse dos sindicatos nas empresas do grupo. Máis tarde asinou substanciosos contratos coa Alemaña nazi para o vertixinoso programa de rearmamento emprendido por Hitler. Na segunda guerra mundial mantivo nas súas empresas un gran número de escravos de distintos países ocupados e de campos de concentración, tendo ata industrias cerca do campo de concentración de Auschwitz.

Os seus problemas de saúde a partir de 1939 leváronlle a unha parálise en 1941, entregando o funcionamento formal do negocio ao seu fillo Alfred Krupp en 1943. Aínda que foi capturado para ser xulgado en Nuremberg, a súa prostración e senilidade impediron o seu procesamento.

Ligazóns externas e fontes[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Manchester, William. The Arms of Krupp: The Rise and Fall of the Industrial Dynasty that Armed Germany at War (Paperback). Reedición de 2003. Estados Unidos, ISBN 0-136-54490-6 (HC)