Gustaf Munch-Petersen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Gustav Munch-Petersen, nado en Copenhaguen o 18 de febreiro de 1912 e finado na Batalla do Ebro cando loitaba coas Brigadas Internacionais o 2 de abril de 1938, foi un escritor vangardista e pintor dinamarqués.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Medrou no seo dunha familia acomodada. Foi fillo de Valfrid Palmgren, sueca de nacemento, profesora asociada de sueco na Universidade de Copenhaguen, e Jon Julius Munch-Petersen, profesor en investigación de Enxeñaría na Escola Politécnica, da capital dinamarquesa. Gustaf graduose no instituto en 1930, iniciando despois varios cursos académicos, sen ningún que lograse captar o seu interese máis aló dun curto período. En troques, enfocouse na arte (apoiado economicamente polos pais), conseguindo debutar como escritor con Det nøgne menneske (O humano espido), en 1932.

Por outra banda, tamén logrou exhibir os seus cadros en diversas exposicións en 1932. En 1935 trasladouse á illa dinamarquesa de Bornholm, onde casou con Lise Hjort. En 1937 uniuse ás Brigadas Internacionais e pelexou na Guerra Civil Española, onde, ao ano seguinte, morreu na Batalla do Ebro. Algúns lle acreditan o berro[Cómpre referencia]: «¡No pasarán!», da Resistencia antifascista. Munch-Petersen deixou á súa muller, un fillo e familia en Dinamarca.

O seu curmán, Arne Munch-Petersen, era un comunista que morreu nos anos 40 en Moscova, durante as purgas stalinistas.

Obra[editar | editar a fonte]

  • det nøgne menneske (poesía, 1932)
  • simon begynder (novela, 1933)
  • det underste land (poesía, 1933)
  • mod jerusalem (poesía, 1934)
  • nitten digte (poesía, 1937)
  • Udvalgte Digte (publicación póstuma, 1938)
  • Udvalgte Digte (antoloxía, 1946)
  • samlede skrifter (escritos reunidos, 1959)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]