Gusa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gusa nun contedor.

A gusa é un produto intermedio na produción de aliaxes férricas. Obtense do alto forno onde se produce a redución do mineral de ferro fundido con carbón. Non ten aplicacións tecnolóxicas e toda a produción é dedicada á transformación en aceiro ou en ferro fundido.

Tradicionalmente a gusa colábase en lingotes e de aí ía ao forno de produción de aceiro, hoxe este proceso é antieconómico e a gusa fundida lévase normalmente nese estado até un convertedor.