Guitar Wolf

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Guitar Wolf
Guitar Wolf @SHELTER (1995-12-31).jpg
A banda ao vivo en Tokio en 1995
Orixe Nagasaki, Xapón
Período 1987 - actualidade
Xénero(s) garage punk
Selo(s) discográfico(s) Sony JP, Ki/oon, Goner, Matador, Narnack, Okami
Membros Seiji (Guitar Wolf)
U.G. (Bass Wolf)
Toru (Drum Wolf).
Antigos membros Billy
Narita


Guitar Wolf é unha banda xaponesa de garage punk fundada en Nagasaki en 1987. O grupo é coñecido polos seus temas con voces penetrantes e un volume excesivo nos seus temas de punk influenciado polo noise que fan énfase na distorsión e no feedback. A banda define o seu estilo coma "jet rock 'n' roll", un enérxico cruce entre os Ramones, o rockabilly, o punk rock e o garage rock.

Guitar Wolf leva editados nove álbums de estudio internacionalmente asi como un en directo, varios sinxelos, e un recompilatorio titulado Golden Black. Os seus membros tamén apareceron en dúas películas de serie B de terror/ciencia ficción: Wild Zero e Sore Losers. Unha coleción dos videos máis populares e de actuacións en directo de Guitar Wolf foi recompilada nun DVD titulado Red Idol. En marzo do 2005 o baixista e membro fundador Billy, tamén coñecido coma Bass Wolf, morreu dun ataque ao corazón aos 38 anos. O seu substituto, U.G., converteuse nun membro permanente da banda que na actualidade funciona como un trío formado por Seiji (Guitar Wolf), U.G. (Bass Wolf) e Toru (Drum Wolf).

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]