Guinea - Guinée
| République de Guinée República de Guinea |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Guinea é un país da África Occidental, limitado a norte pola Guinea-Bissau e polo Senegal, a norte e leste polo Mali, a leste pola Costa do Marfil, a sur pola Liberia e pola Serra Leoa e a oeste polo Océano Atlántico. Capital: Conacri.
Índice |
Historia [editar]
En parte do que é agora Guinea, moitos imperios xurdiron e caeron. Entre eles o Imperio de Malí creado por Sundiata Keita, quen derrotou ao rei dos Sosso, Soumaoro Kanté na batalla de Kirina en 1235, coa cal terminou o Imperio Sosso.
O Imperio de Malí comprendía partes do área norte de Guinea que foi gobernada por mansa (emperadores). O máis famoso foi Kankan Musa I, que fixo unha famosa peregrinación cara a A Meca en 1324. O Imperio de Malí caeu presa dos invasores almorávidas que viñan do norte de África, que estableceu o Imperio Songhai, o cal caeu a mans dos marroquís en 1591.
Os musulmáns Fulani migraron a Fouta Djalon en Guinea Central e estableceron un estado islámico de 1735 ata 1898 cunha constitución escrita e gobernadores alternados.
Os aventureiros europeos comezaron o comercio de escravos na rexión costeira de Guinea desde o século XVI ata o século XIX.
A actual Guinea foi creada como colonia por Francia en 1890 con Noël Balley, sendo o primeiro gobernador. A capital, Conakry, foi fundada na illa Tombo en 1890. En 1895 o país incorporouse ao África Occidental Francesa.
Independente de Francia desde 1958, Guinea non tivo eleccións democráticas ata 1993, cando o xeneral Lansana Conté (xefe do goberno militar) foi elixido presidente nunha votación. As supresións da seguridade continúan, aínda que non tan severas como nas primeiras décadas. Reelixido en 1998, o presidente enfrontouse á crecente crítica en 1999 polo seu encarceramento dun principal líder da oposición e o extenso malestar económico. As desordes en Serra Leoa tamén continuaron ameazando a estabilidade de Guinea.
En 2008, á morte de Lansana Conté, tomou o poder Moussa Dadis Camara, que ten como primeiro ministro a Cellou Dalein Diallo.
Xeografía [editar]
Pódense diferenciar catro zonas xeográficas:
- a zona costeira, a Baixa Guinea (ou Guinea marítima);
- a zona montañosa, a Guinea Central, na que se comprende o macizo do Fouta Djalon, que acada unha altura media de 900 metros, e que se estende por algúns países veciños;
- a zona de sabana no Norte, ou Alta Guinea;
- a zona boscosa do sudeste, ou Guinea Forestal, dominada polas chuvias.
Estas catro zonas, ás veces denominadas "rexións naturais", non se corresponden coas rexións administrativas.
Hidrografía e orografía [editar]
O país ten 320 km de costa, na que con frecuencia se desenrolan manglares. Abundan as augas interiores: vinte e dous grandes ríos da África Occidental nacen na Guinea, sendo o Fouta Djalon o gran centro difusor. Entre eses ríos salientan o Níxer, o Senegal e o Gambia. As montañas máis elevadas son interiores, no confín fronteirizo con Costa do Marfil e Liberia, érguese a maior elevación do país o Monte Nimba, con 1.764 metros.
Economía [editar]
- Véxase: Economía de Guinea.
Cultura [editar]
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa xeografía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
|
||||||||