Guindeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Guindeira
Prunus cerasus - Köhler–s Medizinal-Pflanzen-113.jpg
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Rosidae
Orde: Rosales
Familia: Rosaceae
Subfamilia: Spiraeoideae
Tribo: Amygdaleae
Xénero: 'Prunus'
Subxénero: Cerasus
Sección: Cerasus
Especie: P. cerasus
Nome binomial
Prunus cerasus
L.

A guindeira (Prunus cerasus) , é unha especie de Prunus do subxénero Cerasus, nativa de Europa e do sueste de Asia. Está estreitamente emparentada coa cerdeira (Prunus avium), porén as súa froita é máis aceda e utilizada, especialmente, en preparacións culinarias (xaropes, licores, etc); por iso ás veces recibe o nome de cerdeira aceda.

A súa froita chámase guinda.

En Galicia pódese atopar nalgunhas hortas e pomares particulares dende a antigüidade xunto a outras cerdeiras e demais froiteiras.

Descrición[editar | editar a fonte]

A árbore, máis pequena que a cerdeira brava, medra entre 4-10 metros de altura, con moito ramallo en cada póla. As follas son ovaladas ou elípticas de 3,5 a 7,5 cm de lonxitude. Os froitos encarnados case negros, nacen nos talos máis curtos.

Historia[editar | editar a fonte]

As cerdeiras foron cultivadas e seleccionados a partir de exemplares bravos de Prunus cerasus e a dubidosamente dispar especie P. acida, natural do Mar Caspio e o Mar Negro. Coñecidas polos gregos no 300 a. C., tamén eran populares entre os persianos e romanos, que introduciron as guindeiras na Gran Bretaña moito antes do século I. O seu cultivo popularizouse en tempos de Henrique VIII, no século XVI e contra o 1640 xa se rexistraran máis de dúas ducias de cultivares. Os colonos ingleses que chegaron a Massachusetts plantaron a primeira variedade de guindeira en América do Norte, a Kentish Red.

Antes da Segunda Guerra Mundial existían máis de cincuenta cultivares en Inglaterra; hoxe, porén, cultívase pouco comercialmente e malia continuaren existindo as variedades Kentish Red, Amarelles, Griottes e Flemish, só é vendida a xenérica Morello na maioría dos viveiros. Esta variedade é de floración serodia, polo que ten que soportar menos xeadas, o que significa unha colleita máis produtiva. Os froitos maduran a finais do verán, finais de agosto en Inglaterra. É auto fértil e sería unha boa polinizadora para outras variedades se non florecese tan tarde.

Cultivo[editar | editar a fonte]

Estas cerdeiras cómpren de condicións semellantes ás requiridas para o cultivo de pereiras, é dicir solos húmidos ben drenados, esixindo máis cantidade de azote e de auga cá cerdeira doce .

Propiedades[editar | editar a fonte]

Os pedúnculos dos froitos son usados por decocción: 10%, ferver 10 minutos. Tomar medio litro ao día. Se os pedúnculos son frescos, macerar previamente por 12 horas.[1]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Prunus cerasus foi descrita por Carl von Linné e publicada en Species Plantarum 1: 474–475, no ano 1753..[2]

Sinonimia

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Guindeira". Plantas útiles: Linneo. http://www.linneo.net/plut/index2.htm. Consultado o 28 de noviembre de 2009.
  2. Guindeira en Trópicos
  3. Guindeira en Catalogue of life
  4. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome RJB
  5. Guindeira en PlantList/

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  1. Cronquist, A. J., N. H. Holmgren & P. K. Holmgren. 1997. Vascular Plants of the Intermountain West, U.S.A., subclass Rosidae (except Fabales). 3A: 1–446. In A. J. Cronquist, A. H. Holmgren, N. H. Holmgren, J. L. Reveal & P. K. Holmgren (eds.) Intermount. Fl.. Hafner Pub. Co., New York.
  2. Fernald, M. 1950. Manual (ed. 8) i–lxiv, 1–1632. American Book Co., New York.
  3. Gleason, H. A. 1968. The Choripetalous Dicotyledoneae. vol. 2. 655 pp. In H. A. Gleason Ill. Fl. N. U.S. (ed. 3). New York Botanical Garden, New York.
  4. Gleason, H. A. & A. Cronquist. 1991. Man. Vasc. Pl. N.E. U.S. (ed. 2) i–lxxv, 1–910. New York Botanical Garden, Bronx.
  5. Radford, A. E., H. E. Ahles & C. R. Bell. 1968. Man. Vasc. Fl. Carolinas i–lxi, 1–1183. University of North Carolina Press, Chapel Hill.
  6. Scoggan, H. J. 1978. Dicotyledoneae (Saururaceae to Violaceae). 3: 547–1115. In Fl. Canada. National Museums of Canada, Ottawa.
  7. Small, J. K. 1933. Man. S.E. Fl. i–xxii, 1–1554. Published by the Author, New York.
  8. Voss, E. G. 1985. Michigan Flora. Part II Dicots (Saururaceae-Cornaceae). Bull. Cranbrook Inst. Sci. 59. xix + 724.
  9. Welsh, S. L. 1974. Anderson's Fl. Alaska Adj. Parts Canada i–xvi, 1–724. Brigham Young University Press, Provo.
  10. Zuloaga, F. O., O. Morrone, M. J. Belgrano, C. Marticorena & E. Marchesi. (eds.) 2008. Catálogo de las Plantas Vasculares del Cono Sur (Argentina, Sur de Brasil, Chile, Paraguay y Uruguay). Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 107(1): i–xcvi, 1–983; 107(2): i–xx, 985–2286; 107(3): i–xxi, 2287–3348.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Guindeira Modificar a ligazón no Wikidata
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Guindeira
Galizionario
Vexa a entrada do Galizionario acerca de cerdeira