Guillermo Luca de Tena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGuillermo Luca de Tena
Biografía
Nacemento8 de xuño de 1927 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte6 de abril de 2010 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Senador de España
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónxornalista , escritor , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiJuan Ignacio Luca de Tena Editar o valor em Wikidata
IrmánsTorcuato Luca de Tena Editar o valor em Wikidata
Premios

Guillermo Luca de Tena y Brunet, marqués de Valle de Tena, nado en Madrid o 8 de xuño de 1927 e finado na mesma cidade o 6 de abril de 2010[1], foi un empresario e xornalista español, propietario de medios de comunicación.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia de xornalistas: o seu pai era Juan Ignacio Luca de Tena e o seu avó Torcuato Luca de Tena y Álvarez Ossorio, fundador do xornal ABC e da revista Blanco y Negro. Estudou o bacharelato no célebre Colegio del Pilar e licenciouse en Dereito na Universidade Central de Madrid. Posteriormente estudou xornalismo na daquela Escola Oficial de Xornalistas de Madrid, onde se diplomou en 1958. Xa antes de rematar os seus estudos, e aínda na vintena, accedeu ao posto de xerente da edición sevillana do xornal ABC, e a partir de 1957 foi o seu director.

Volveu a Madrid en 1962 para asumir o cargo de conselleiro-delegado do grupo editorial Prensa Española e pouco despois tomou a dirección do semanario Blanco y Negro, posto no que se mantivo ata 1975. Nesa época entre 1966 e 1969, pertenceu ao Consello Privado do Conde de Barcelona, ao Padroado dos Reais Alcázares de Sevilla, e ao da Fundación Príncipe de Asturias. A partir de 1972, ostentou o cargo de presidente do consello de administración e da comisión executiva de Prensa Española.[2].

A súa proximidade á monarquía (ao ser ABC un xornal monárquico e ao tratar persoalmente a Xoán de Borbón e o seu fillo Xoán Carlos, foi designado senador polo rei Xoán Carlos I en 1977.

Durante a súa época como senador (1977-1979), accedeu tamén á dirección do xornal ABC, en substitución de José Luis Cebrián, cargo en que permaneceu ata que o 13 de xaneiro de 1983 ascendeu a editor do xornal e a presidente do consello de administración de Prensa Española[3].

Na dirección do ABC foi substituído por Luis María Anson. En 1988 presentou o suplemento de ABC en Cataluña e en 1991 fundou o xornal Claro, que só se editou desde abril ata agosto de 1991. En 1998 abandonou o posto de editor do xornal ABC por motivos de idade, e asumiu o cargo de presidente da Xunta de Fundadores de Prensa Española.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Estivo casado e tivo dúas fillas.

Galardóns[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]