Guido II de Spoleto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Guido II foi o fillo e sucesor do duque Lamberto I de Spoleto,

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi partidario de Carlos o Calvo, que o 876 retornou o ducado de Spoleto ao seu pai Lamberto, e nomeou margrave de Camerino ao irmán de Lamberto I, Guido de Camerino (o futuro Guido III de Spoleto). Guido sucedeu ao seu pai como duque de Spoleto á súa morte o 880.

O Papa convidouno a un encontro o mesmo ano 880 pero Guido ignorouno e enviou os seus exércitos a invadir o dominio pontificio. O Papa Xoán VIII pediu axuda a Carlos o Groso, rei de Italia, ao que coroou emperador o 12 de febreiro do 881. Pero Carlos deulle pouca axuda contra Guido. Nunha carta do Papa a Carlos, mencionábase a Guido co adxectivo "rabbia" (rabia) que Guido colleu como alcume.

Carlos convocou unha dieta en Ravena (febreiro do 882) na que Guido II, o seu tío Guido de Camerino, o Papa, e o rei Carlos acordaron unha paz xeral e que os dous primeiros devolverían os territorios pontificios ocupados.

Guido II morreu subitamente, bastante mozo, o mesmo 882, e só deixou fillos nenos (o futuro Guido IV de Spoleto e I de Benevento, e Itta, que foi esposa de Guaimaro I de Salerno). O seu tío Guido de Camerino vai tomar as rédeas do poder e foi recoñecido duque baixo o nome de Guido III de Spoleto.