Guido Bentivoglio
Guido Bentivoglio, nado o 4 de outubro de 1579 e finado o 7 de setembro de 1644, foi un cardeal e diplomático italiano.
Traxectoria [editar]
Era membro da rama de Ferrara da influente familia Bentivoglio de Boloña, o fillo máis novo do marqués Cornelio Bentivoglio e Isabella Bendidio. Estudou nas universidades de Ferrara e Padua, onde en 1598 recibiu un doutorado en lei canónica e civil. Volveu a Ferrara, e entrou ó servizo do papa Clemente VIII tras unha visita que fixera á cidade. O sucesor de Clemente, Paulo V consagrouno bispo titular de Rodas en 1607, cunha dispensa por faltarlle tres meses para ter a idade canónica e por non estar ordenado aínda, para poder exercer como nuncio en Flandres (1607-1615). Posteriormente foi nuncio en Francia (1616-1621).
Á volta a Roma en 1621 o papa creouno cardeal, o cardeal Richelieu e Luís XIII confiáronlle os asuntos franceses na corte papal, posición que retivo ata 1641 cando o papa Urbano VIII o nomeou para a sé episcopal de Palestrina. En 1633 foi un dos que asinaron a condena papal de Galileo. O máis serio candidato a suceder a Urbano morreu na apertura do conclave de 1644.
Escribiu Della guerra di Fiandria na que se describe en estilo elocuente a guerra relixiosa nos Países Baixos e Memorie, lettere e relazioni diplomatiche.