Guezos
| Guezos | |
|---|---|
Guezos, formación 2011. |
|
| Información | |
| Orixe | Ourense, Galicia |
| Período | 1999 - actualidade |
| Xénero(s) | Pop-Folk |
| Selo(s) discográfico(s) | |
| Membros | Anxo Fernández Adrián Beiroa Roberto Reboiro Xabier Salgado "Morta" Modesto Cid "Nes" Francisco Díaz David Quitas |
| Antigos membros | Roi R. do Forno Arturo Fdez. Tizón Carlos Rivera "Puntxa" Pablo Rodríguez Rafael Ullán "Abuelo" |
| Web oficial | www.guezos.com |
Guezos é unha banda de pop-folk ourensán, cuxas composicións son, maioritariamente, de compás rápido, aínda que tamén usan compases melódicos. Tamén é o nome do seu primeiro álbum, que viu a luz no 2001
Índice |
[editar] Historia
Guezos (en barallete -antiga fala dos afiadores ourensáns- rapaces, nenos, cativos) naceu en 1999 como proxecto de grupo musical tradicional. Pouco a pouco, o grupo comezou a evolucionar cara o folk, e no 2000 grava a maqueta "Guezos" (convertida posteriormente en álbume), e dá os seus primeiros concertos.
A formación inicial estaba composta por Arturo, Xabier Domínguez "Morta", Pablo, Roberto,Anxo e Carlos Rivera "Puntxa". Estes comezan a buscaren influencias novas en eidos musicais variados como o Rock ou o Pop, de onde xorde a incorporación dunha guitarra eléctrica ao grupo.
[editar] Compoñentes
- Anxo Fernández, Teclado, acordeón e voz.
- Adrián Beiroa, Voz e guitarra acústica.
- Roberto Reboiro, Baixo eléctrico.
- David Quintas, Guitarra eléctrica.
- Francisco Díaz, Batería.
- Xabier Domínguez "Morta", Gaita e whistle.
- Modesto Cid "Nes", Gaita e whistle.
[editar] Discografía
O grupo ten 4 álbums publicados: Guezos (2001), Terradentro (2004), 99-06 (2007) e Oito Destinos (2009). Sendo 99-06 un recompilatorio onde a maioría dos cortes son gravacións de actuacións en directo.
[editar] Guezos (2001)
- Gravado e producido por: Pedro Feijoo
- Gravado en: Muu! Estudos (Vigo) e Barra de Cima (Ourense) en setembro de 2001
- Duración total: 44:41 min:s
- Temas:
- 1. Resaca Dominical
- 2. O brado da Lúa
- 3. Lévame
- 4. Enebrote
- 5. Pedida de man
- 6. A Rebadaira
- 7. A miña muliña
- 8. Loui in tra / A Raiz do Toxo Verde
[editar] Terradentro (2004)
- Gravado e producido por: Pedro Feijoo e Charly Lincoln
- Gravado en: Muu!! Estudios en Vigo do abril de 2003 e maio de 2004
- Duración total: 48:31 min:s
- Temas:
- 1. Voces
- 2. Vironte
- 3. Heite de ver
- 4. O burro ledo
- 5. terradentro
- 6. Ocre
- 7. O soño
- 8. Porno reel
- 9. La ventana (rumba)
- 10. Whisky e licor
- 11. Muliña03
[editar] 99-06 (2007)
- Temas:
- 1.- Luintra (directo no Café Teatro Xesteira de Ourense)
- 2.- Pedida de Man (Directo na Sainza)
- 3.- A Rebadaira
- 4.- Brado da Lúa
- 5.- Terradentro
- 6.- Whisky e Licor
- 7.- Ocre
- 8.- A Miña Muliña (2003)
- 9.- Porno Reel
- 10.- A das Festas
- 11.- Manoliño (Directo no Local Social A REVOLTA de Vigo)
- 12.- Lévame (Directo na Sainza)
[editar] Oito Destinos (2009)
- Temas:
- 1.- Guezada 69
- 2.- A Esmorga
- 3.- Acción-Reacción
- 4.- Identidade
- 5.- Todo Perfecto
- 6.- Vals do Regueiro
- 7.- Amodo
- 8.- Terradentro (2009)
[editar] O Histérico Latexo (2011)
- Temas:
- 1.- Musa
- 2.- Con-su-mismo Swing
- 3.- Lonxe na Memoria
- 4.- En Nome de Nada
- 5.- Morenaca
- 6.- Boas Novas
- 7.- Os Roteiros do Tempo
- 8.- A Forxa
- 9.- Escoita
- 10.- Vento Manso
[editar] Directos
Segundo o historial da súa web os concertos do grupo comezan no ano 2001, con concertos unicamente na provincia -e cidade- de Ourense. Curiosamente, os primeiros dous concertos que figuran, son fora da cidade (en concreto, en Castro Caldelas o 28 de Xullo de 2001 e Graíces (Ourense)).
[editar] Primeira saída fora da provincia
A primeira saída fora da provincia foi a Vilaboa (Pontevedra). Logo diso, comezaron a facer concertos en toda Galicia, agás na provincia da Coruña. Como curiosidade, dicir que mesmo deron o primeiro concerto fora de Galicia antes de recalar na provincia da Coruña. O susodito concerto fíxose no Palacio de Congresos de Barcelona, nun festival organizado pola escola de gaitas "Toxos e Xestas" da Cidade Condal. A actuación foi o 8 de Marzo do 2003.
A que foi a súa primeira actuación na provincia coruñesa sería no XXV Festival do Mundo Celta de Ortigueira (Escenario Runas), o 13 de Xullo do 2003.
[editar] Participación en Festivais e concursos
Xa dende o ano 2002, Guezos ten participado en festivais e concursos. O primeiro, foi o 2 de agosto do mencionado ano, no "Festival na Tralla III" en Vilaboa (Pontevedra). Logo virían o II Festival Folk "Serra de Queixa" (Ourense) e o xa mentado XXV Festival do Mundo Celta de Ortigueira (ambos no 2003).
No 2004, recuncan no "Serra de Queixa" -na súa 3ª edición-, preséntanse ao concurso EUROFOLK-J -dentro do Parapanda Folk 2004, celebrado en Montefrío (Granada)-, e a súa primeira participación no Festival FEO (Folk En Ourense).
Logo dun ano sen participación en festivais ou concursos, no 2006, comezan o ano coa participación no concurso escenario PRAU en Santander (Cantabria), logo, cara o verán, participaría no concurso "A polo Ghit" (organizado por Vieiros e mais o programa extrarradio da Radio Galega), quedando de 4ª na votación do xurado e 1º no ranquin de popularidade -votación dos internautas, ao través da páxina do A polo Ghit, mentres que a canción gañadora dese concurso ao través da votación do xurado, quedou en 15ª posición no citadoranquin.
[editar] Actuacións en Televisión
Co gallo da súa participación en A polo Ghit, Guezos actuou os días 23 e 24 de Xuño do 2006 para a Televisión de Galicia. En concreto, o 23 de Xuño actúa para o programa Luar e o 24 de Xuño (en directo) para o programa En pé de festa En pé de festa.
Tamén, o 24 de Setembro dese ano 2006 actúa para o programa Mundoverbena.
En 2010, Guezos participa cunha entrevista a cargo do músico Xurxo Souto e dúas cancións en directo en formato acústico para o programa da canle V Televisión "Música ambiente". A primeira emisión deste capítulo realízase o 22 de xullo de 2010, repetíndose en numerosas ocasións.
[editar] Relacións con outros grupos
Amais da pertenza de varios dos seus compoñentes a Genu Varu, por coincidencia ou colaboración en actuacións e ademais, e o feito de ter unha batería (eventual) pertencente a ese grupo, teñen vencellos cruzados co grupo Ergom e con Lamatumbá, onde militan 2 exmembros do grupo: Rafa Ullán e "Puntxa".