Guerra da Independencia da Arxentina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Litografía representando a batalla de Suipacha, a primeira vitoria arxentina

A Guerra da Independencia da Arxentina é como se denomina á serie de combates e campañas militares que aconteceron no marco dos conflitos entre España e as súas colonias americanas logo da invasión francesa e que se saldaron coa independencia de gran parte do territorio colonial español. No caso da actual Arxentina, participaron por unha banda o exército español e os seus aliados no territorio e pola outra as forzas militares das Provincias Unidas do Río da Prata, estado que se estableceu no que para os españois era o Vicerreinado do Río da Prata e durou desde 1810 ata 1825. Na historiografía arxentina, e en xeral na latinoamericana, denomínanse patriotas e realistas aos dous bandos enfrontados, os primeiros buscaban a creación dun estado independente estaban dirixidos por Manuel Belgrano, Juan José Castelli e José de San Martín e os segundos defendían a continuidade do territorio na monarquía española do rei Fernando VII. Só unha pequena parte deses enfrontamentos foron no territorio da actual Arxentina, celebrándose a maioría en territorios que logo da guerra quedaron fóra das Provincias Unidas ou en territorio das actuais Chile, Perú e Ecuador. En xeral distínguense tres frontes militares:

O 9 de xullo de 1816 unha asemblea en San Miguel de Tucumán, declarou a independencia nacional pero aínda pasarían algúns anos ata que a indepencia quedara definitivamente consolidada.