Guerra Suaba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A batalla de Hard, a primeira gran batalla da guerra, tal como aparece nunha ilustración do manuscrito Luzerner Schilling (1513)

A Guerra Suaba de 1499 (Schwabenkrieg en alemán, tamén coñecida como Schweizerkrieg -"Guerra suíza"- en Alemaña e Krieg Engadiner -"Guerra Engadina "- en Austria ) foi o último gran conflito armado entre a Antiga Confederación Suíza cos Habsburgo durante o reinado de Maximiliano I que pretendía forzar o control imperial e a recadación de impostos sobre Suíza. A guerra comezou como un conflito local polo control de Val Müstair e o Pass da l'Umbrail nos Grisóns pero no que cada parte chamou aos seus aliados por axuda, os Habsburgos á Liga Suaba, e a federación das tres ligas grisoas á Eidgenossenschaft suíza, estendéndose de xaneiro a setembro de 1499 nun territorio que abranguía do val do Rin ao lago Constanza chegando mesmo ata Sundgau no sur da Alsacia. A batalla de Dornach celebrada o 22 de xullo foi a máis importante e rematou nunha desfeita das forzas dos Habsburgo, o que levou ao emperador a principiar negociacións cos suízos que levaron ao tratado de paz asinado en Basilea o 22 de setembro de 1499 que recoñecía de feito a independencia de Suíza, aínda que nominalmente seguira a pertencer ao Imperio.