Georgii Vladimov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Gueorgui Vladímov»)
Infotaula de personaGeorgii Vladimov
Biografía
Nacemento19 de xaneiro de 1931
Khárkiv, RSS Ucraína
Morte19 de outubro de 2003
Frankfurt, Alemaña
Lugar de sepulturaPeredelkino Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Redactor xefe
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeUnión Soviética
Rusia Editar o valor em Wikidata
EducaciónFaculty of Law, Saint Petersburg State University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura, crítica literaria e realismo literario Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor , crítico literario , historiador , novelista , xornalista , Disidencia Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1954 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorAmnistía Internacional Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua rusa Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0900546 Find a Grave: 8091003 Editar o valor em Wikidata

Georgii Nikolaevich Vladimov, nado como Georgii Nikolaevich Volosevich (en ruso: Георгий Николаевич Владимов / Волосевич) en Khárkiv o 19 de febreiro de 1931 e finado en Frankfurt o 19 de outubro de 2003, foi un escritor e xornalista soviético disidente.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu na República Socialista Soviética de Ucraína no seo dunha familia de intelectuais, estudou Dereito na Universidade Estatal de Leningrado, obtendo o título cum laude en 1953. Comezou en 1954 a súa actividade literaria, principalmente no xornalismo e crítica literaria e teatral, colaborando coas revistas Novyi Mir (O novo mundo), Literaturnaia gazeta (O xornal literario) e Teatr (Teatro).

Durante os anos sesenta achégase á prosa con Bolshaia ruda(A vea grande). A súa obra máis famosa é Vernyi Ruslan (O fiel Ruslán), unha sátira sobre o gulag a través do punto de vista dun can gardián. Para sortear á censura foi impreso de forma clandestina, e apareceu antes legalmente en Alemaña que en Rusia. Desde 1961 foi membro da Unión de Escritores Soviéticos, pero saíu dela en 1977. En 1969 comezou a ter problemas cos apparatchik literarios pola súa novela Tri minuty molchaniia (Tres minutos de silencio), publicada logo integramente e sen censura en 1982 en Alemaña.

Debido a que ocupou a presidencia do comité de Amnistía Internacional en Moscova, foi perseguido e espiado constantemente polo KGB. Emigrou a Alemaña en 1977 logo de entrar en contacto cos exiliados rusos neste país, mais en 1984 foille anulada a cidadanía soviética (puido obter a cidadanía rusa só no ano 2000). Desde o seu exilio dirixiu a revista Gradi (Facetas), mais a deixou con polémica en 1986 logo de acusar ao editor de ser máis censor que os soviéticos. Coa súa novela General i ego armiia (O xeneral e a súa armada) gañou en 1995 o Premio Booker ruso.

Obras[editar | editar a fonte]

Novelas[editar | editar a fonte]

  • Большая руда ("Bolshaia ruda", A gran vea), 1961
  • Верный Руслан ("Vernyi Ruslan", O fiel Ruslán), 1964
  • Три минуты молчания ("Tri minuty molchaniia", Tres minutos de silencio), 1969
  • Шестой Солдат ("Shestoi Soldat", O sexto soldado), 1981
  • Не обращайте вниманья, маэстро ("Ne obrashchaite vnimania, maestro", Non prestas atención, mestre), 1982
  • Генерал и его армия ("General i ego armiia", O xeneral e a súa armada), 1994