Gucci
Gucci é unha firma italiana dedicada ao deseño e fabricación de artigos de moda, reloxos, perfúmes etc. Foi fundada en 1923 polo artesán Guccio Gucci nun pequeno taller de Florencia, Italia.
Índice |
Historia [editar]
Despois da apertura de diferentes sucursais en Italia, en 1947 apareceu por primeira vez o coñecido símbolo de Gucci, os dous arcos unidos.
Nos anos trala morte do seu creador, en 1953, a marca cosechó grandes éxitos e se expandió por todo o orbe. Sen embargo, as diferencias entre os herdeiros provocaron unha grave crise para o grupo, que conduciu á súa venda en 1989. Hoxe é parte da multinacional Pinault-Printemps-Redout (PPR) S.A., Paris., dedicada á venda de artigos de luxo. No ano 2003, o grupo Gucci tivo unhas vendas superiores aos 2.580 millóns de euros. A partir dos anos 90, a marca volveu a ser obxecto cobizado para millóns de persoas, tralos éxitos do seu novo Director Creatívo, Tom Ford, que actualmente xa non se atopa na compañía.
Marcas [editar]
O grupo Gucci mantén xuros comerciais e representación societaria nas seguintes marcas:
- Moda
- Gucci (100%)
- Yves Saint Laurent (100%)
- Sergio Rossi (100%)
- Bottega Veneta (78.5%)
- Alexander McQueen (51%, en perfume, 100%)
- Stella McCartney (50%, en perfume, 100%)
- Balenciaga (91%)
- Perfumes
- Roger & Gallet
- Boucheron (tamén xoiería e reloxos)
- Ermenegildo Zegna
- Oscar de la Renta
- Van Cleef & Arpels
- Fendi
- Armani
- Reloxos
- Bedat & Co (85 %)