Guaraní (moeda)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Guaraní (moeda)
Guaraní paraguayo (en castelán)
Código:PYG
Ámbito: Paraguai
Símbolo:
Fracción:100 céntimos
Moedas:50, 100, 500 e 1,000 guaranís
Billetes:2000, 5000, 10000 e 20000 guaranís (usados frecuentemente)
1000, 50000 e 100000 guaranís (usados raramente)
Emisor:Banco Central de Paraguai
Taxa de troco:
13-04-2010
1 EUR = 6410.01 PYG
1 USD = 4715.00 PYG
Troco actual

O guaraní (plural: guaranís) é a moeda oficial de Paraguai. Cada guaraní está dividido en 100 céntimos, porén, debido á inflación os céntimos xa non se empregan. O código ISO da moeda é PYG.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Esta moeda foi creada por lei o 5 de outubro de 1943 para substituír o peso. Os primeiros guaranís foron emitidos en 1944. O nome da moeda refírese á principal etnia de Paraguai, así como á lingua guaraní, unha das linguas oficias do estado. De 1960 a 1982 a taxa de troco era de 126 guaranís por cada dólar.

O 2 de xaneiro de 2005, o tipo de troco era de 6.110 guaranís por cada dólar estadounidense. O 10 de marzo do 2005 o tipo de troco chegou a 6.248. O 18 de abril de 2008, o tipo de troco era de 4.300,00 guaranís por cada dólar estadounidense, o valor máis baixo acadado esta década ata agora. O maior billete en circulación é o de 100.000 guaranís e vale USD 23,256 aproximadamente. A principios do 2009 o guaraní era a novena unidade monetaria co valor máis baixo do mundo e a primeira de América.

Moedas[editar | editar a fonte]

Moedas en circulación:

  • 50 guaranís.
  • 100 guaranís.
  • 500 guaranís.
  • 1.000 guaranís.

Billetes[editar | editar a fonte]

Billetes en circulación:

  • 1.000 guaranís.
  • 2.000 guaranís (A partir do 11 de decembro de 2009).
  • 5.000 guaranís.
  • 10.000 guaranís.
  • 20.000 guaranís.
  • 50.000 guaranís.
  • 100.000 guaranís.

As moedas de 1, 5 e 10 guaranís eran xa moi raras en 2005 debido ao seu baixo valor extremo e apenas circulan habitualmente. En 2006 acuñáronse en Eslovaquia novas moedas de 50, 100 e 500 guaranís, en distintos materiais e cor prateada. Saíron á circulación en 2007.

Redenominación do Guaraní[editar | editar a fonte]

O 21 de outubro de 2009, o Banco Central de Paraguai anunciou ao público a súa intención de revalorizar a moeda eliminando 3 ceros ao guaraní en xaneiro de 2011, deste xeito a equivalencia será de 1 novo guaraní por cada 1000 Guaranís [1] Arquivado 29 de decembro de 2009 en Wayback Machine.. Por un período de dous anos os billetes e moedas do actual e o novo guaraní permanecerán en circulación conxuntamente. Os billetes coa nova denominación permanecerán sen trocos no deseño neste primeiro período, sinalando tan só o valor na nova moeda, trocando a palabra mil por novos.

Previsións[editar | editar a fonte]

Existirán billetes de[Cómpre referencia]:

  • 2 Novos guaraní (actualmente 2000 guaranís).
  • 5 Novos guaranís (actualmente 5000 guaranís).
  • 10 Novos guaranís (actualmente 10.000 guaranís).
  • 20 Novos guaranís (actualmente 20.000 guaranís).
  • 50 Novos guaranís (actualmente 50.000 guaranís).
  • 100 Novos guaranís (actualmente 100.000 guaranís).

E moedas de:

  • 5 Céntimos (actualmente 50 guaranís).
  • 10 Céntimos (actualmente 100 guaranís).
  • 50 Céntimos (actualmente 500 guaranís).
  • 1 Novo guaraní (actualmente 1000 guaranís).

A partir de 2013, comezarán a circular billetes con novos deseños sen o prefixo "novo" diante da palabra guaraní.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]