Guadalcanal, Illas Salomón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Guadalcanal
Isatabu
Localización da illa
Mapa da illa de Guadalcanal
Situación
PaísIllas Salomón Illas Salomón
ProvinciaProvincia de Guadalcanal
ArquipélagoIllas Salomón
MarOcéano Pacífico
Coordenadas9°37′S 160°11′L / -9.617, -160.183
Xeografía
Superficie5.302 km²
Punto máis alto2335 m. Monte Popomanaseu
Demografía
CapitalHoniara (pob. 54.600 (2003 est.))
Poboación109.382 (1999)
Densidade20´4 hab./km²
Para a vila española, véxase Guadalcanal

Guadalcanal (Oceanía), illa situada no suroeste do océano Pacífico. É a maior das illas Salomón. A súa extensión é de 5.336 km²;. A poboación é de 109.382 habitantes aproximadamente. A cidade máis importante é Honiara. No século XVI foi unha das illas do Pacífico polas que pasou a expedición de Álvaro de Mendaña.

Historia[editar | editar a fonte]

Descubrimento[editar | editar a fonte]

A illa foi descuberta por Álvaro de Mendaña no 1568 nunha expedición dirixida a descubrir a lendaria Terra Australis Incognita baixo o reinado de Filipe II. O nome da illa foi posto polo explorador Pedro de Ortega Valencia (naquel momento, membro da expedición de Mendaña) en honra ao seu pobo natal, Guadalcanal, na provincia de Sevilla.

Colonización e Independencia[editar | editar a fonte]

Aínda que a illa foi descuberta para a Coroa de Castela e Aragón, os esforzos españois en colonizala fracasaron. Ao longo dos séculos XVIII e XIX arribaron á mesma só misioneiros e distintos grupos de europeos. En 1885, a Compañía Alemá da Nova Guinea estableceu control sobre as illas Salomón. Con todo, a administración alemá durou pouco. En 1893, A parte sueste das Salomón foi convertida en protectorado británico e cinco anos máis tarde engadiuse a parte norte. En 1900, Alemaña transferiu os seus restantes dominios (con excepción de Bougainville e Buka) a Gran Bretaña a cambio da retirada británica de Samoa Oriental. Desde entón, como parte das Illas Salomón Guadalcanal foi ocupada pola Coroa Británica. En 1920 Bougainville e Buka foron postas baixo mandato australiano pola Liga das Nacións, mentres que Guadalcanal permaneceu baixo a coroa británica ata 1942, cando foi ocupada por forzas do Imperio do Xapón e, máis tarde, reconquistada por forzas estadounidenses (Ver Batalla de Guadalcanal). En 1976 a Coroa británica concedeu o autogoberno ás illas Salomón e dous anos despois, a independencia.

Batalla de Guadalcanal[editar | editar a fonte]

O acontecemento histórico máis importante sucedido nesta illa foi a batalla de Guadalcanal, no marco da segunda guerra mundial. A comezos de 1942 a illa achábase en poder do exército xaponés, a infantaría de Mariña dos Estados Unidos chegou a Guadalcanal o 7 de agosto dese mesmo ano. O desembarco non tivo contratempos; pero a loita complicouse a partir dese momento, desatándose unha das batallas máis violentas desa guerra. Finalmente, os efectivos estadounidenses comunicaron o 9 de febreiro de 1943 a conquista da illa.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]