Guadalaxara - Guadalajara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 40°37′59″N 3°10′0″W / 40.63306°N 3.166667°W / 40.63306; -3.166667

Guadalaxara - Guadalajara
Escudo ciudad Guadalajara, Guadalajara, Castilla-La Mancha, España (original).png Bandera ciudad Guadalajara, Guadalajara, Castilla-La Mancha, España (original).png
Patio del Palacio de Antonio de Mendoza.
Detalle de la fachada del palacio del Infantado. Cripta de San Francisco.
Fundación San Diego de Alcalá.

Cidade de Guadalaxara.

Situación xeográfica
Guadalajara, Spain location.png
Estado: España España
Comunidade autónoma: Castela-A Mancha Castela-A Mancha
Provincia: Guadalaxara
Comarca: La Alcarría e La Campiña do Henares
Xeografía
Altitude: 685 msnm
Superficie: 235,51 km²
Poboación
Poboación total: 75.493 hab.
Densidade de poboación: 319,89 hab/km²
Xentilicio: Guadalaxareño, arriacense e caracense
Información
Código postal: 19001-2-3-4-5
Alcalde: Antonio Román (PP)
Sitio na web: www.guadalajara.es

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Guadalaxara.

Guadalaxara (en castelán: Guadalajara) é unha cidade do centro de España, capital da provincia de Guadalaxara, na comunidade autónoma de Castela-A Mancha, á beira do río Henares.

O seu censo municipal é de 75.493 habitantes (2006) e a área do seu concello abranxe 267,5 km². Está situada a 55 km de Madrid. Rodéaa a autovía A-2; e dispón de parada do tren AVE na súa estación ferroviaria (sita a 7 km da cidade) e máis un servizo de trens de cercanías con Madrid.

Índice

Étimo do topónimo e historia [editar]

Guadalaxara identifícase con a localidade ibera de Arriaca (cfr. vasco actual harri "pedra, rocha", e o sufixo abundancial -aga). O seu actual nome provén do árabe, mais semella ter certa relación co anterior, se é interpretábel polo vasco. Os musulmáns logo de arrasala, reconstruírona, denominándoa Wādī al-Ḥaǧārah (Arabic وادي الحجارة), que significa "rio de pedras".

A partir do século XIV converteuse nunha cidade importante, en boa medida mercé á familia Mendoza. Despois dunha longa decadencia a súa proximidade a Madrid, convértea nun lugar atractivo como foco de expansión industrial e cidade-dormitorio da capital española, o que ten facilitado o seu crecemento nos últimos anos.

Monumentos [editar]

Fillos ilustres [editar]

Ligazóns externas [editar]