Grupo dos catro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Els membres del G4

O G4 ou Grupo dos catro é unha alianza entre a India, Alemaña, Xapón e Brasil, coa intención de dar apoio mutuo ás súas candidaturas a unha cadeira permanente do Consello de Seguridade das Nacións Unidas. Á diferencia do G8 ou do G7, no que o denominador común dos membros é a súa economía e os seus obxectivos políticos a longo prazo, o principal obxectivo do G4 é acadar unha representación de tódalas rexións e de tódolos status económicos no Consello de Seguridade.

O Consello de Seguridade[editar | editar a fonte]

As Nacións Unidas teñen cinco membros permanentes con poder de veto no Consello de Seguridade: a República Popular da China, Francia, Rusia, os Estados Unidos e o Reino Unido. Outros estados son elexidos por un período de dous anos, e os catro membros do G4 son os estados que máis veces foron elixidos para representar aos seus grupos respectivos. A pesar de que a maioría dos Estados do mundo están de acordo cunha reestruturación das Nacións Unidas que inclúa unha expansión dos membros con poder de veto no Consello de Seguridade, non se discutiu o tempo nin o contido dunha proposta específica.