Grosularia
| Grosularia | |
|---|---|
| Fórmula química: | Ca3Al2(SiO4)3 |
| Clase: | Silicato |
| Subclase: | Nesosilicato |
| Sistema cristalino: | Cúbico, Isométrico |
| Cor: | De parda a incolora, gris, verde, amarelo |
| Brillo: | De vítreo a resinoso |
| Dureza: | 6,5 - 7 (escala de Mohs) |
| Fractura: | Subconcoidal |
| Exfoliación: | |
| Raia: | Branca pardusca |
| Densidade: | 3,57 g/cm³ |
A grosularia ou grosularita é un mineral do grupo dos silicatos, subgrupo nesosilicatos e dentro destes é un granate pola típica forma isométrica dos seus cristais, con 12 ou 24 caras trapezoidais. É un silicato de calcio e aluminio, de color normalmente esbrancuxada ou alaranxada.
O nome deriva do latín grossularia, que significa grosella, chamada así pola redondez dos seus cristais que ademais se presentan en grupo similares a acios destes froitos.
Sinónimos pouco usados deste mineral son colofonita, ernita, olyntholita, tellemarkita, viluita e wilouita.
Índice |
Ambiente de formación[editar]
Normalmente fórmase a partir de rochas calcarias, ou sedimentarias silíceas, sometidas a metamorfismo de contacto pola proximidade dunha cámara magmática. Tamén se pode formar por metamorfismo rexional.
Algúns minerais asociados son mica, clorita, diópsido, calcita e serpentinita.
A variedade hesonita (de color verde) atópase tamén entre as rochas metasomáticas enriquecidas en calcio.
Localización, extracción e usos[editar]
Atopáronse importantes depósitos deste granate en Asbestos (Canadá), México, Quenia, Italia e Sri Lanka.
A variedade sosolita procede de Morelos e Chihuahua (México) e a variedade hesonita de Tanzania e Quenia.
É un mineral que se comercializa como xema, tallando os cristais puros e de bela color. Son xemas de grandes cualidades a pesar de ser pouco coñecidas no mercado. Os mellores exemplares son moi codiciados por coleccionistas.