Groselleira negra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Groselleira negra
Schwarzejohannisbeere.jpg
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Saxifragales
Familia: Grossulariaceae
Xénero: 'Ribes'
Especie: ''R. nigrum''
Nome binomial
''Ribes nigrum''
L.

A groselleira negra (Ribes nigrum), é un arbusto frondoso do xénero Ribes, non espiñento, de 1,50 m de alto, que bota un recendo diferenciado e desagradábel, e cuxo froito, a grosella negra, é unha baga agre mais comestíbel. Non é común o cultivo en Galiza.

Descrición[editar | editar a fonte]

Orixinario de Europa oriental yecentral, pertence ao mesmo xénero ca as demais groselleiras. Ten follas lobuladas, dentadas, cuxo envés é pálido con glándulas secretoras amarelas. As flores da groselleira negra son arrubiadas no iinterior e verdosas por fóra, formando un cáliz piloso, de maior tamaño cá corola.

O seu froito é a grosella negra, unha baga que nace en acios de grans negros, polposos, con pela lisa e recendentes, envoltos polos cálices das flores de onde saen. O zume de grosella negra é escuro, acidulado e aromático. Moi apreciado en Francia pola súa utilización en repostaría, como bebida alcólica e en perfumaría.

Groselleira negra

Produción[editar | editar a fonte]

A maior produción dase en Polonia. A grosella negra descoñecíase na cultura clásica grecorromana e na Idade Media; sendo introducida en Francia a partir da Idade Moderna. No século XIX, pasou a ser apreciada pocas súas propiedades curativas e tamén como aromatizador de viños e destilados. En Galiza aínda é bastante descoñecida, agás na xardinaxe ou na alta cociña.

Utilidades[editar | editar a fonte]

Medicina[editar | editar a fonte]

A grosella é unha baga rica en vitamina C.

Cientificamente, demostrouse que o óleo da semente de groselleira negra ten un moderado efecto inmunolóxico atribuíbel á súa capacidade para reducir a produción de prostaglandina E2.[1] Outros estudos atribúenlle á baga da groselleira negra propiedades antioxidantes e antimicrobianas[2][3]

Ademais, a groselleira negra ten unha gran cantidad de vitamina C polo que tradicionalmente usouse para previr doenzas coma o escorbuto.

Repostaría[editar | editar a fonte]

O seu sabor agre e moi acedo evita que se consuma crúa. Porén, utilízase coma ingrediente de tortas, sorbetes, xelatinas e confeituras. En cociña, úsase como fondo de pratos e puré.[4] En Francia faise un licor chamado crème de cassis.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Ribes nigrum foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 201. 1753.[5]

Sinonimia
  • Botrycarpum nigrum (L.) A. Rich.
  • Botrycarpum obtusilobum Opiz
  • Grossularia nigra (L.) Rupr.
  • Ribes cyathiforme Pojark.
  • Ribes nigrum var. europaeum Jancz.
  • Ribes nigrum var. pauciflorum (Turcz. ex Ledeb.) Jancz.
  • Ribes olidum Moench
  • Ribes pauciflorum Turcz. ex Ledeb.
  • Ribesium nigrum (L.) Medik.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Effect of dietary supplementation with black currant seed oil on the immune response of healthy elderly subjects. Octubre. http://www.ajcn.org/content/70/4/536.full. Consultado o 13 de marzo de 2012. 
  2. Heinonen, M. Antioxidant activity and antimicrobial effect of berry phenolics--a Finnish perspective. DOI:10.1002/mnfr.200700006. PMID 17492800. 
  3. Seeram, NP. Berry fruits: compositional elements, biochemical activities, and the impact of their intake on human health, performance, and disease. DOI:10.1021/jf071988k. PMID 18211023. 
  4. Tender, vol.2: a cook's guide to the fruit garden. ISBN 0007325215. 
  5. "Groselleira negra". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. http://www.tropicos.org/Name/29100051. Consultado o 14 de dicembro de 2012. 
  6. Groselleira negra en PlantList

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  1. Flora of China Editorial Committee. 1988-2013. Fl. China Unpaginated. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.
  2. Flora of China Editorial Committee. 2001. Fl. China 8: 1–506. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.
  3. Flora of North America Editorial Committee. 2009. Magnoliophyta: Paeoniaceae to Ericaceae. 8: i–xxiv, 1–585. In Fl. N. Amer.. Oxford University Press, New York.
  4. Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Groselleira negra
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Groselleira negra