Gripe A (H1N1) en Galicia
Atención: Este artigo precisa dun traballo de revisión.
|
- Artigo principal: Gripe A (H1N1).
A gripe A (H1N1) é unha enfermidade infecciosa, probablemente variante da gripe porcina, que tivo como principal foco difusor México. Os seus primeiros casos detectáronse no sur de California o 28 e o 30 de marzo de 2009.
O primeiro caso de gripe A (H1N1) en Galicia foi rexistrado o 29 de abril de 2009 en Ourense[1], se ben non se confirmou ata varios días máis tarde[2]. A paciente era unha moza que viñera de México.
Con anterioridade e posterioridade rexistráronse casos de sintomatoloxía semellante, que durante un tempo foron considerados como casos posibles. O primeiro detectouse en Mos[3] o 27 de abril de 2009, nun paciente masculino de mediana idade[4], que regresara uns días antes de México. O mesmo día confirmárase o primeiro caso de gripe mexicana en España, en Almansa (Albacete), pero non estaban relacionados. O 1 de maio apareceu outro novo caso sospeitoso na Coruña[5], tamén dunha persoa procedente do país norteamericano. Días despois confirmouse que os casos de Mos e da Coruña non gardaban relación coa gripe mexicana[6].
[editar] Notas
- ↑ A Consellería de Sanidade estuda un segundo caso sospeitoso de gripe humana de orixe porcina en Galicia, web do Sergas, 29/4/09
- ↑ A ourensá con gripe A continúa illada e con tratamento antiviral, La Voz de Galicia, 3/5/2009
- ↑ Detectado en el centro de salud de Mos el primer posible caso de gripe porcina en Galicia, La Voz de Galicia, 27/4/2008
- ↑ A Consellería de Sanidade estuda un posible caso sospeitoso de gripe humana de orixe porcina, web do Sergas, 27/4/09
- ↑ A Consellería de Sanidade estuda un terceiro caso sospeitoso de nova gripe en Galicia, web do Sergas, 1/5/09
- ↑ Comunicado da consellería polo brote de gripe polo novo virus AH1N1, web do Sergas, 2/5/09