Gregor Piatigorsky

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
GREGOR PIATIGORSKY
Григо́рий Па́влович Пятиго́рский
Nome completo Grigoriy Pavlovich Pyatigorskiy
Naceu 17 de abril de 1903
Orixe Ecaterinoslav, Flag of Russia.svg Rusia
Morreu 6 de agosto de 1976 en Los Angeles, Flag of the United States.svg Estados Unidos
Ocupación (s) Violonchelista
Instrumento(s) Violoncello

Gregor Piatigorsky, nado en Ecaterinoslav (daquela en Rusia e actualmente denominada Dnipropetrovsk en territorio ucraniano) o 17 de abril de 1903 e finado Los Angeles (Estados Unidos) o 6 de agosto de 1976, foi un violoncelista ucraniano radicado nos Estados Unidos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Coñecido como Grisha, naceu en Ecaterinoslav e estudou violino e piano co seu pai sendo un neno. Apaixonouse daquela polo violonchelo. Gañou unha bolsa para o Conservatorio de Moscova, gañando cartos tocando en cafés.

A Revolución Rusa tivo lugar cando contaba con trece anos. Aos quince foi contratado como violonchelista principal no Teatro Bolshoi. As autoridades rusas non o deixaron viaxar ao extranxeiro para completar os seus estudos, entón fuxiu a Polonia nun tren cun grupo de artistas.

Aos dezoito anos, estudou en Berlín e Leipzig con Hugo Becker e Julius Klengel, con quen formou un cuarteto que tocaba en cafés. Un dos oíntes desa época foi Wilhelm Furtwängler, quen o contratou para ser o violonchelista principal da Berliner Philharmoniker.

En 1929, visitou os Estados Unidos por primeira vez, tocando coa Philadelphia Orchestra con Leopold Stokowski e coa New York Philharmonic, con Willem Mengelberg. En Ann Arbor, Míchigan, casou con Jacqueline de Rothschild, filla de Edouard Alphonse de Rothschild, da Familia Rothschild da Francia. Logo da Ocupación Nazi en Francia na Segunda Guerra Mundial, a familia fuxiu e foi a Elizabethtown, nas Montañas Adirondacks.

Gravou con Arthur Rubinstein, Jascha Heifetz, Vladimir Horowitz e Nathan Milstein[1].

De 1941 a 1949, traballou no Curtis Institute of Music en Filadelfia, e impartiu clase en Tanglewood, Universidade de Boston e Universidade do Sur de California, onde permaneceu ata a súa morte en Los Angeles (California).

Tiña dous violoncelos Stradivarius. Ivan Galamian describiu unha vez a Piatigorsky como o meirande violoncelista de tódolos tempos. Tivo contatos cos maiores artistas de seu tempo: Prokofiev, Hindemith, William Walton, Stravinsky e Richard Strauss.

Piatigorsky tamén era un amante do xadrez. A súa dona gañou varias competicións deportivas polos Estados Unidos. Xuntos organizaron varios campionatos de xadrez, nos cales participaron xadrecistas famosos como Paul Keres, Tigran Petrosian e Boris Spassky.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Piano ma non solo, Jean-Pierre Thiollet, Anagramme Ed., 2012, p. 147. ISBN 978-2-35035-333-3