Greg Stiemsma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Greg Stiemsma
Minnesota Timberwolves – No. 34
Pivote
Información persoal
Nacemento 26 de setembro de 1985 (27 anos)
California Randolph, Wisconsin
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 2,11 m (6 ft 11 in)
Peso 118 kg (260 lb)
Instituto Randolph HS
Información da carreira
Universidade Wisconsin
Carreira dende 2008
Historial de equipos
Flag of Turkey.svg Oyak Renault (2008-2009)
Flag of South Korea.svg Seoul SK Knights (2009)
Flag of South Korea.svg Busan KT Sonicboom (2009)
Flag of the United States.svg Sioux Falls Skyforce (NBA D-League) (2009-2010)
Flag of Turkey.svg Türk Telekom B.K. (2010-2011)
Flag of the United States.svg Sioux Falls Skyforce (NBA D-League) (2011)
Flag of the United States.svg Boston Celtics (2011-2012)
Flag of the United States.svg Minnesota Timberwolves (2012-presente)
Información en nba.com

Gregory Stiemsma, nado o 26 de setembro de 1985 en Randolph, Wisconsin, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos Minnesota Timberwolves da National Basketball Association (NBA).

Índice

Traxectoria [editar]

Instituto [editar]

Stiemsma naceu e creceu en Randolph, Wisconsin. Liderou ao seu equipo do instituto, os Randolph Rockets, a tres títulos consecutivos da División 4, que daquela era a liga máis inferior de Wisconsin.[1]

Universidade [editar]

Stiemsma xogou para a Universidade de Wisconsin-Madison cos Badgers. Coma sophomore, a Stiemsma se lle diagnosticou unha depresión tras non poder ser academicamente elixible para continuar xogando ao baloncesto debido ás súas malas notas.[2]

Profesional [editar]

Stiemsma foise a xogar a Turquía, co Oyak Renault.[3] Tras deixar Turquía, asinou un contrato para xogar en Corea do Sur.[4]

O 13 de abril de 2010, tras xogar unha tempada nos Sioux Falls Skyforce da NBA Development League, Stiemsma asinou un contrato cos Minnesota Timberwolves da NBA.[5] Porén, o 10 de setembro foi despedido sen xogar ningún partido.

En outubro de 2010, asinou un contrato de dous anos co Türk Telekom B.K. en Turquía.[6]

Tras xogar de novo nos Skyforce da NBA D-League,[7] o 9 de decembro de 2011 asinou cos Boston Celtics.[8] Fixo o seu debut na NBA o 28 de decembro de 2011 contra os New Orleans Hornets, xogando 20 minutos, e acadando 2 puntos, 6 tapóns e 4 rebotes. Os seus 6 tapóns foron o record dun xogador dos Celtics no seu debut.[9]

O 21 de xullo de 2012, Stiemsma asinou un acordo cos Minnesota Timberwolves. Os Celtics tiñan a opción de igualar a oferta, pero o 23 de xullo decidiron non facelo. Así, Stiemsma uniuse oficialmente ós Timberwolves o 2 de agosto de 2012.[10]

Notas [editar]

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]