Graptólito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Graptólito de Tetragraptus fruticosus

Os graptólitos son fósiles de animais en colonias que viviron entre o Cámbrico superior e o Carbonífero inferior. Tiveron unha distribución mundial e son fundamentais para datar as rochas paleozoicas.

As colonias de graptólitos, denominadas rhabdosome, constitúense a partir dun individuo inicial que se denomina sicula. Un estolón quitinizado constitúe o eixo central da colonia, que posúe un número variable de ponlas ou éstipes. O estolón comporta unha serie de thecas, que é onde vivían os individuos que compuñan a colonia.