Grandes Voltas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O pelotón do Tour de Francia en 2005

As Grandes Voltas, en ciclismo, é o nome que reciben as tres carreiras por etapas máis importantes: Tour de Francia, Giro de Italia e Vuelta a España.

Características comúns[editar | editar a fonte]

Duración e organización[editar | editar a fonte]

Thor Hushovd gañando o prólogo do Tour 2006

As tres Grandes Voltas teñen en común a súa duración. Todas elas comezan un sábado e rematan un domingo; e teñen polo xeral 21 tiradas (tendo en conta a existencia de dous días de descanso, no Tour de Francia e na Vuelta a España os dous últimos luns).

É común que as Grandes Voltas comecen cunha contra o reloxo prólogo, aínda que isto non se fai tódolos anos; adoita haber dúas contra o reloxo chás (que no Tour teñen lugar sempre en sábado) e, ás veces, algunha contra o reloxo de montaña (cronoescalada). A última etapa é case sempre chá, e remata nas cidades de Milán, París ou Madrid.

As etapas de montaña son, xunto coas contra o reloxo, as máis importantes para os ciclistas que aspiran a gañar as Grandes Voltas. No Giro, sitúanse nos Alpes e nos Apeninos; no Tour, nos Alpes e Pireneos; na Vuelta, na Cordilleira Cantábrica, os Pireneos e Serra Nevada.

Desenvolvemento das tiradas[editar | editar a fonte]

As tiradas das Grandes Voltas aseméllanse ás habituais no ciclismo en estrada, pero teñen certas peculiaridades derivadas da súa lonxitude.

Poden distinguirse catro tipos de tiradas:

Tiradas chás[editar | editar a fonte]

Son aquelas que case non teñen dificultades montañosas. Adoitan situarse ó principio das Grandes Voltas, aínda que, como xa se dixo antes, a última o é tamén.

Nestas tiradas, o máis habitual é que un ou varios ciclistas se separen do pelotón ó principio para intentar unha vitoria en solitario. Porén, é frecuente que o pelotón avance e reabsorba estes ciclistas escapados, producíndose así ó final un desenlace ó sprint.

Tiradas de alta montaña[editar | editar a fonte]

Unha tirada de montaña no Giro

Son aquelas nas que hai grandes dificultades montañosas (portos de montaña de primeira categoría ou categoría especial). En moitas destas tiradas, o final lévase a cabo no cume dunha montaña (final en alto); noutras, ten lugar despois de subilas e baixalas.

Nestas tiradas adoita producirse unha escapada semellante ás das etapas chás ó principio. Nestes casos, é moito máis habitual que os ciclistas escapados disputen entre eles a vitoria da tirada; porén, ás veces, son reabsorbidos polo pelotón.

Estas tiradas, en especial as de final en alto, son moi importantes para a clasificación xeral das carreiras (é dicir, para decidir o gañador da Volta Grande). Tamén, evidentemente, son fundamentais na clasificación da montaña.

Tiradas de media montaña[editar | editar a fonte]

Son as tiradas nas que hai unha serie de dificultades montañosas, polo xeral portos de entre primeira e terceira categoría, que adoitan ter un final chan.

Nestas tiradas máis que en ningunha outra, as escapadas adoitan chegar á meta con bastante vantaxe respecto do pelotón.

Un exemplo sería o Macizo Central do Tour de Francia.

Contra o reloxo[editar | editar a fonte]

Son aquelas nas que os ciclistas non corren xuntos, senón que cada un o fai por separado. Ó final, compútanse os tempos que lle levou a cada un facer o percorrido. Polo xeral, estas contra o reloxo teñen unha lonxitude próxima ós 30-50 quilómetros.

Nestas tiradas, ademais das de montaña, é onde se decide a clasificación xeral da carreira. Polo xeral, os gañadores das contra o reloxo son os homes máis fortes da carreira e os que ocupan os primeiros postos.

Existen contra o reloxo especiais:

  • Prólogos. Son as contra o reloxo curtas, duns 10 quilómetros, que se disputan o primeiro día de cada Volta Grande. Serven para fixar a clasificación xeral de cara á primeira semana de carreira. Moitos anos non se celebran.
  • Cronoescaladas. Son aquelas contra o reloxo nas que, no canto de percorrerse un tramo chan, se sobe unha montaña, polo xeral unha de primeira categoría ou categoría especial. Non son moi frecuentes porque adoitan supor grandes cambios na clasificación da carreira.

As clasificacións e as camisolas[editar | editar a fonte]

A maglia rosa do Giro

Nas Grandes Voltas, hai varias clasificacións:

  • A clasificación xeral. Consiste na suma dos tempos que os ciclistas tardaron en levar a cabo o percorrido das tiradas. O gañador desta clasificación é, polo tanto, o gañador da Volta. O líder da clasificación xeral recibe unha camisola especial: maglia rosa no Giro, maillot amarelo no Tour; jersey oro na Vuelta.
  • A clasificación dos puntos. En tódalas tiradas, agás nas contra o reloxo, hai sprints intermedios. Estes consisten en pequenas metas situadas a metade de carreira (polo xeral hai dous por tirada) nas que se proporcionan puntos ós primeiros que as cruzan. Ademais, tamén se engaden puntos ós primeiros que chegan á liña de meta. O corredor que acumula maior cantidade destes puntos recibe unha camisola especial: maglia ciclamino (malva) no Giro; maillot vert no Tour; jersey de puntos na Vuelta.
  • Nas Grandes Voltas tamén se lles proporcionan puntos ós corredores que pasan en primeiro lugar os cumes das montañas. O ciclista que é líder na clasificación da montaña recibe unha camisola concreta: maglia verde no Giro; maillot à pois rouges (de puntos vermellos) no Tour; jersey malva na Vuelta.
  • No Tour de Francia hai unha camisola especial para o novo (de menos de vinte e cinco anos) mellor situado na clasificación xeral: maillot blanc (branco).
  • Na Vuelta a España hai tamén un jersey azul para a clasificación combinada.
  • No Giro hai unha maglia azzurra para o ciclista con máis puntos na clasificación dos sprints intermedios (é dicir, igual que a clasificación por puntos pero excluíndo os das metas).

Características particulares[editar | editar a fonte]

O Stelvio, un porto do Giro d'Italia

As tres Grandes Voltas teñen bastantes diferenzas entre elas. Polo xeral, considérase que:

  • O Tour de Francia é a carreira máis prestixiosa e, polo tanto, a máis difícil de gañar. A súa media de velocidade é sempre a máis alta, e a lonxitude das súas tiradas é moi superior á das do Giro ou a Volta.
  • O Giro de Italia é especialmente coñecido pola dificultade das súas etapas de montaña. Crese, polo xeral, que é unha Volta máis destinada ós escaladores (ciclistas que soben ben nas montañas) que as outras dúas.
  • A Vuelta a España é unha carreira tamén moi centrada nas montañas, aínda que non tanto coma o Giro; a súa dificultade é moito menor ca do Tour.

Ademais, as tres carreiras distínguense en moitas das normas. O sistema de puntuación nas clasificación secundarias como a clasificación da montaña e da regularidade son distintas.

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Marcas de corredores[editar | editar a fonte]

Tan só 6 ciclistas na historia gañaron as 3 grandes voltas durante a súa carreira, aínda que ningún gañou as 3 nun mesmo ano.

Bernard Hinault e Alberto Contador son os únicos que lograron repetir a vitoria nas tres carreiras.

Gimondi, Merckx e Hinault, ademais, lograron tamén gañar o Campionato do Mundo de ciclismo.

Podios nas tres grandes Voltas[editar | editar a fonte]

Catorce ciclistas lograron acadar o podio nas tres grandes voltas

Ciclista Tour Giro Volta Total
Francia Jacques Anquetil 6 6 1 13
Bélxica Eddy Merckx 6 5 1 12
Italia Felice Gimondi 2 9 1 12
Francia Bernard Hinault 7 3 2 12
España Miguel Indurain 5 3 1 9
Italia Vincenzo Nibali 3 3 2 8
España Alejandro Valverde 1 1 6 8
España Carlos Sastre 3 1 3 7
España Alberto Contador 2 2 3 7
Francia Laurent Fignon 3 2 1 6
Suíza Tony Rominger 1 1 4 6
Australia Cadel Evans 3 1 1 5
Nairo Quintana 3 1 1 5
Denis Menchov 1 1 2 4
España José Manuel Fuente 1 1 2 4
España Joaquim Rodríguez 1 1 2 4
Bélxica Herman Van Springel 1 1 1 3

Gañadores de dúas Grandes Voltas no mesmo ano[editar | editar a fonte]

Nove corredores foron capaces de gañar dúas grandes voltas no mesmo ano.

Tour e Giro:

  • Fausto Coppi Italia: 1949 e 1952.
  • Jacques Anquetil Francia: 1964.
  • Eddy Merckx Bélxica: 1970, 1972, 1974.
  • Bernard Hinault Francia: 1982, 1985.
  • Stephen Roche : 1987.
  • Miguel Indurain España: 1992, 1993.
  • Marco Pantani Italia: 1998.

Tour e Vuelta:

  • Jacques Anquetil Francia: 1963.
  • Bernard Hinault Francia: 1978

Giro e Vuelta:

  • Eddy Merckx Bélxica: 1973.
  • Giovani Battaglin Italia: 1981.
  • Alberto Contador España: 2008.

Gañadores de etapa nas tres Grandes Voltas[editar | editar a fonte]

O primeiro ciclista que logrou vitorias nas tres Grandes Voltas foi o italiano Fiorenzo Magni que o logrou en 1955, tras acadar a súa primeira vitoria de etapa na Vuelta Ciclista a España. Anteriormente xa o conseguira no Giro de Italia en 1948, e no Tour de Francia en 1949.

Tras Fiorenzo Magni, moitos corredores o conseguiro, pero só tres ciclistas conseguiron vencer etapas das tres Grandes Voltas no mesmo ano:

  • España Miguel Poblet en 1956, 3 etapas da Vuelta s España, 4 etapas do Giro de Italia e 1 etapa do Tour de Francia.
  • Italia Pierino Baffi en 1958, 2 etapas da Vuelta a España, 1 etapa do Giro de Italia e 3 etapas do Tour de Francia.
  • Italia Alessandro Petacchi en 2003, 6 etapas do Giro de Italia, 4 etapas do Tour de Francia e 5 etapas da Vuelta a España.

Gañadores das tres clasificacións nunha Gran Volta[editar | editar a fonte]

Só tres ciclistas lograron vencer o mesmo ano a clasificación xeral, a da regularidade e a da montaña dunha Gran Volta:

  • Bélxica Eddy Merckx, no Giro de Italia 1968 e no Tour de Francia 1969.
  • Suíza Tony Rominger, na Vuelta a España 1993.
  • Francia Laurent Jalabert, na Vuelta a España 1995.

Máximos gañadores de Grandes Voltas[editar | editar a fonte]

Os corredores que gañaron máis dunha gran volta ó largo da súa carreira deportiva.

Nome Total Tour Giro Vuelta
Bélxica Eddy Merckx 11 5 (1969, 1970, 1971, 1972, 1974) 5 (1968, 1970, 1972, 1973, 1974) 1 (1973)
Francia Bernard Hinault 10 5 (1978, 1979, 1981, 1982, 1985) 3 (1980, 1982, 1985) 2 (1978, 1983)
Francia Jacques Anquetil 8 5 (1957, 1961, 1962, 1963, 1964) 2 (1960, 1964) 1 (1963)
España Miguel Indurain 7 5 (1991, 1992, 1993, 1994, 1995) 2 (1992, 1993) 0
Italia Fausto Coppi 7 2 (1949, 1952) 5 (1940, 1947, 1949, 1952, 1953) 0
España Alberto Contador 7 2 (2007, 2009) 2 (2008, 2015) 3 (2008, 2012, 2014)
Italia Gino Bartali 5 2 (1938, 1948) 3 (1936, 1937, 1946) 0
Italia Felice Gimondi 5 1 (1965) 3 (1967, 1969, 1976) 1 (1968)
Italia Alfredo Binda 5 0 5 (1923, 1925, 1927, 1928, 1929) 0
Italia Vincenzo Nibali 4 1 (2014) 2 (2013, 2016) 1 (2010)
Suíza Tony Rominger 4 0 1 (1995) 3 (1992, 1993, 1994)
España Roberto Heras 4 0 0 4 (2000, 2003, 2004, 2005)
Bélxica Philippe Thys 3 3 (1913, 1914, 1920) 0 0
Francia Louison Bobet 3 3 (1953, 1954, 1955) 0 0
Greg LeMond 3 3 (1986, 1989, 1990) 0 0
Chris Froome 3 3 (2013, 2015, 2016) 0 0
Francia Laurent Fignon 3 2 (1983, 1984) 1 (1989) 0
Luxemburgo Charly Gaul 3 1 (1958) 2 (1956, 1959) 0
España Pedro Delgado 3 1 (1988) 0 2 (1985, 1989)
Italia Carlo Galetti 3(*) 0 3 (1910, 1911, 1912(*)) 0
Italia Giovanni Brunero 3 0 3 (1921, 1922, 1926) 0
Italia Fiorenzo Magni 3 0 3 (1948, 1951, 1955) 0
Francia Lucien Petit-Breton 2 2 (1907, 1908) 0 0
Bélxica Firmin Lambot 2 2 (1919, 1922) 0 0
Italia Ottavio Bottecchia 2 2 (1924, 1925) 0 0
Luxemburgo Nicolas Frantz 2 2 (1927, 1928) 0 0
Francia André Leducq 2 2 (1930, 1932) 0 0
Francia Antonin Magne 2 2 (1931, 1934) 0 0
Bélxica Sylvère Maes 2 2 (1936, 1939) 0 0
Francia Bernard Thévenet 2 2 (1975, 1977) 0 0
Suíza Hugo Koblet 2 1 (1951) 1 (1950) 0
Stephen Roche 2 1 (1987) 1 (1987) 0
Italia Marco Pantani 2 1 (1998) 1 (1998) 0
Países Baixos Jan Janssen 2 1 (1968) 0 1 (1967)
Francia Roger Pingeon 2 1 (1967) 0 1 (1969)
España Luis Ocaña 2 1 (1973) 0 1 (1970)
Países Baixos Joop Zoetemelk 2 1 (1980) 0 1 (1979)
Alemaña Jan Ullrich 2 1 (1997) 0 1 (1999)
Italia Giovanni Valetti 2 0 2 (1938, 1939) 0
Italia Franco Balmamion 2 0 2 (1962, 1963) 0
Italia Giuseppe Saronni 2 0 2 (1979, 1983) 0
Italia Ivan Gotti 2 0 2 (1997, 1999) 0
Italia Gilberto Simoni 2 0 2 (2001, 2003) 0
Italia Paolo Savoldelli 2 0 2 (2002, 2005) 0
Italia Ivan Basso 2 0 2 (2006, 2010) 0
Italia Giovanni Battaglin 2 0 1 (1981) 1 (1981)
Denis Menchov 2 0 1 (2009) 1 (2007)
Nairo Quintana 2 0 1 (2014) 1 (2016)
Bélxica Gustaaf Deloor 2 0 0 2 (1935, 1936)
España Julián Berrendero 2 0 0 2 (1941, 1942)
España José Manuel Fuente 2 0 0 2 (1972, 1974)
Suíza Alex Zülle 2 0 0 2 (1996, 1997)

* A edición de 1912 do Giro de Italia correuse por equipos. O equipo Atala, do que formaba parte Galetti, foi o vencedor.

Máis podios en Grandes Voltas[editar | editar a fonte]

Independentemente que non o conseguisen nas tres Grandes Voltas.

Corredor Tour Giro Vuelta Total
Francia Jacques Anquetil 6 6 1 13
Francia Bernard Hinault 7 3 2 12
Bélxica Eddy Merckx 6 5 1 12
Italia Felice Gimondi 2 9 1 12
Francia Raymond Poulidor 8 0 2 10
Italia Gino Bartali 3 7 0 10
España Miguel Indurain 5 3 1 9
Italia Fausto Coppi 2 7 0 9
Países Baixos Joop Zoetemelk 7 0 1 8
España Pedro Delgado 3 0 5 8
Italia Vincenzo Nibali 3 3 2 8
España Alejandro Valverde 1 1 6 8

Gañadores das Grandes Voltas[editar | editar a fonte]

Ano Italia Giro de Italia Francia Tour de Francia España Vuelta a España
2016 Italia Vincenzo Nibali Chris Froome Nairo Quintana
2015 España Alberto Contador Chris Froome Italia Fabio Aru
2014 Nairo Quintana Italia Vincenzo Nibali España Alberto Contador
2013 Italia Vincenzo Nibali Chris Froome Chris Horner
2012 Ryder Hesjedal Bradley Wiggins España Alberto Contador
2011 Italia Michele Scarponi [1] Australia Cadel Evans España Juanjo Cobo
2010 Italia Ivan Basso Luxemburgo Andy Schleck [1] Italia Vincenzo Nibali
2009 Denis Menchov España Alberto Contador España Alejandro Valverde
2008 España Alberto Contador España Carlos Sastre España Alberto Contador
2007 Italia Danilo di Luca España Alberto Contador Denis Menchov
2006 Italia Ivan Basso España Óscar Pereiro [2] Alexander Vinokourov
2005 Italia Paolo Savoldelli [3] España Roberto Heras
2004 Italia Damiano Cunego [3] España Roberto Heras
2003 Italia Gilberto Simoni [3] España Roberto Heras
2002 Italia Paolo Savoldelli [3] España Aitor González
2001 Italia Gilberto Simoni [3] España Ángel Casero
2000 Italia Stefano Garzelli [3] España Roberto Heras
1999 Italia Ivan Gotti [3] Alemaña Jan Ullrich
1998 Italia Marco Pantani Italia Marco Pantani España Abraham Olano
1997 Italia Ivan Gotti Alemaña Jan Ullrich Suíza Alex Zülle
1996 Pável Tonkov Dinamarca Bjarne Riis Suíza Alex Zülle
1995 Suíza Tony Rominger España Miguel Indurain Francia Laurent Jalabert
1994 Eugeni Berzin España Miguel Indurain Suíza Tony Rominger
1993 España Miguel Indurain España Miguel Indurain Suíza Tony Rominger
1992 España Miguel Indurain España Miguel Indurain Suíza Tony Rominger
1991 Italia Franco Chioccioli España Miguel Indurain España Melchor Mauri
1990 Italia Gianni Bugno Greg Lemond Italia Marco Giovannetti
1989 Francia Laurent Fignon Greg Lemond España Pedro Delgado
1988 Andrew Hampsten España Pedro Delgado Sean Kelly
1987 Stephen Roche Stephen Roche "Lucho" Herrera
1986 Italia Roberto Visentini Greg Lemond España Álvaro Pino
1985 Francia Bernard Hinault Francia Bernard Hinault España Pedro Delgado
1984 Italia Francesco Moser Francia Laurent Fignon Francia Eric Caritoux
1983 Italia Giuseppe Saronni Francia Laurent Fignon Francia Bernard Hinault
1982 Francia Bernard Hinault Francia Bernard Hinault España Marino Lejarreta
1981 Italia Giovanni Battaglin Francia Bernard Hinault Italia Giovanni Battaglin
1980 Francia Bernard Hinault Países Baixos Joop Zoetemelk España Faustino Rupérez
1979 Italia Giuseppe Saronni Francia Bernard Hinault Países Baixos Joop Zoetemelk
1978 Bélxica Johan De Muynck Francia Bernard Hinault Francia Bernard Hinault
1977 Bélxica Michel Pollentier Francia Bernard Thévenet Bélxica Freddy Maertens
1976 Italia Felice Gimondi Bélxica Lucien Van Impe España José Pesarrodona
1975 Italia Fausto Bertoglio Francia Bernard Thévenet España Agustín Tamames
1974 Bélxica Eddy Merckx Bélxica Eddy Merckx España José Manuel Fuente
1973 Bélxica Eddy Merckx España Luis Ocaña Bélxica Eddy Merckx
1972 Bélxica Eddy Merckx Bélxica Eddy Merckx España José Manuel Fuente
1971 Gösta Pettersson Bélxica Eddy Merckx Bélxica Ferdinand Bracke
1970 Bélxica Eddy Merckx Bélxica Eddy Merckx España Luis Ocaña
1969 Italia Felice Gimondi Bélxica Eddy Merckx Francia Roger Pingeon
1968 Bélxica Eddy Merckx Países Baixos Jan Janssen Italia Felice Gimondi
1967 Italia Felice Gimondi Francia Roger Pingeon Países Baixos Jan Janssen
1966 Italia Gianni Motta Francia Lucien Aimar España Francisco Gabica
1965 Italia Vittorio Adorni Italia Felice Gimondi Alemaña Rolf Wolfshohl
1964 Francia Jacques Anquetil Francia Jacques Anquetil Francia Raymond Poulidor
1963 Italia Franco Balmanion Francia Jacques Anquetil Francia Jacques Anquetil
1962 Italia Franco Balmanion Francia Jacques Anquetil Alemaña Rudi Altig
1961 Italia Arnaldo Pambianco Francia Jacques Anquetil España Angelino Soler
1960 Francia Jacques Anquetil Italia Gastone Nencini Bélxica Franz De Mulder
1959 Luxemburgo Charly Gaul España Federico Martín Bahamontes España Antonio Suárez
1958 Italia Ercole Baldini Luxemburgo Charly Gaul Francia Jean Stablinski
1957 Italia Gastone Nencini Francia Jacques Anquetil España Jesús Loroño
1956 Luxemburgo Charly Gaul Francia Roger Walkowiak Italia Angelo Conterno
1955 Italia Fiorenzo Magni Francia Louison Bobet Francia Jean Dotto
1954 Suíza Carlo Clerici Francia Louison Bobet [4]
1953 Italia Fausto Coppi Francia Louison Bobet [4]
1952 Italia Fausto Coppi Italia Fausto Coppi [4]
1951 Italia Fiorenzo Magni Suíza Hugo Koblet [4]
1950 Suíza Hugo Koblet Suíza Ferdi Kübler España Emilio Rodríguez
1949 Italia Fausto Coppi Italia Fausto Coppi [4]
1948 Italia Fiorenzo Magni Italia Gino Bartali España Bernardo Ruiz
1947 Italia Fausto Coppi Francia Jean Robic Bélxica Edouard van Dyck
1946 Italia Gino Bartali [5] España Dalmacio Langarica
1945 [5] [5] España Delio Rodríguez
1944 [5] [5] [5]
1943 [5] [5] [5]
1942 [5] [5] España Julián Berrendero
1941 [5] [5] España Julián Berrendero
1940 Italia Fausto Coppi [5] [6]
1939 Italia Giovanni Valetti Bélxica Sylvère Maes [6]
1938 Italia Giovanni Valetti Italia Gino Bartali [6]
1937 Italia Gino Bartali Francia Roger Lapébie [6]
1936 Italia Gino Bartali Bélxica Sylvère Maes Bélxica Gustaaf Deloor
1935 Italia Vasco Bergamaschi Bélxica Romain Maes Bélxica Gustaaf Deloor
1934 Italia Learco Guerra Francia Antonin Magne -
1933 Italia Alfredo Binda Francia Georges Speicher -
1932 Italia Antonio Pesenti Francia André Leducq -
1931 Italia Francesco Camusso Francia Antonin Magne -
1930 Italia Luigi Marchisio Francia André Leducq -
1929 Italia Alfredo Binda Bélxica Maurice De Waele -
1928 Italia Alfredo Binda Luxemburgo Nicolas Frantz -
1927 Italia Alfredo Binda Luxemburgo Nicolas Frantz -
1926 Italia Giovanni Brunero Bélxica Lucien Buysse -
1925 Italia Alfredo Binda Italia Ottavio Bottecchia -
1924 Italia Giuseppe Enrici Italia Ottavio Bottecchia -
1923 Italia Costante Girardengo Francia Henri Pélissier -
1922 Italia Giovanni Brunero Bélxica Firmin Lambot -
1921 Italia Giovanni Brunero Bélxica Léon Scieur -
1920 Italia Gaetano Bellonio Bélxica Philippe Thys -
1919 Italia Costante Girardengo Bélxica Firmin Lambot -
1918 [7] [7] -
1917 [7] [7] -
1916 [7] [7] -
1915 [7] [7] -
1914 Italia Alfonso Calzolari Bélxica Philippe Thys -
1913 Italia Carlo Oriani Bélxica Philippe Thys -
1912 Italia Atala [8] Bélxica Odile Defraye -
1911 Italia Carlo Galetti Francia Gustave Garrigou -
1910 Italia Carlo Galetti Francia Octave Lapize -
1909 Italia Luigi Ganna Luxemburgo François Faber -
1908 - Francia Lucien Petit-Breton -
1907 - Francia Lucien Petit-Breton -
1906 - Francia René Pottier -
1905 - Francia Louis Trousselier -
1904 - Francia Henri Cornet [9] -
1903 - Francia Maurice Garin -

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 En principio o gañador foi Alberto Contador pero foi desclasificado por dopaxe (ver Caso Contador).
  2. "Óscar Pereiro é o gañador do Tour de Francia 2006, o dopaxe de Floyd Landis foi confirmado pola UCI". Consultado o 22 de novembro de 2007. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 A UCI confirmou a solicitude da USADA de desposuír a Lance Armstrong dos seus títulos conseguidos despois de 1998.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Edicións suspendidas por falta de colaboración económica.
  5. 5,00 5,01 5,02 5,03 5,04 5,05 5,06 5,07 5,08 5,09 5,10 5,11 5,12 5,13 Edicións suspendidas pola II Guerra Mundial.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Edicións suspendidas pola Guerra Civil española.
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 7,6 7,7 Edicións suspendidas pola I Guerra Mundial.
  8. Edición disputada por equipos, sen clasificación individual.
  9. Levouse a cabo unha serie de descualificacións e penalizacións polas que o gañador, Maurice Garin, xunto cos tres seguentes, foron borrados da clasificación xeral. Finalmente, elaborouse unha polémica lista que situaba como vencedor a Henri Cornet, que quedou quinto. Grazas a isto, Henri Cornet ten o récord no Tour, de ser o máis novo en vencer. Tamén as vitorias de etapa de Garin foron eliminadas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]