Grande Órgano da Ópera de Sydney

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Grande Órgano da Ópera de Sidney»)

Coordenadas: 33°51′25″S 151°12′54″L / -33.857061111111, 151.2149

Grande Órgano da Ópera de Sydney

O Grande Órgano da Ópera de Sydney ou Grande Órgano da Casa da Ópera de Sydney (en inglés: Sydney Opera House Grand Organ) é o órgano mecánico máis grande do mundo e áchase no Concert Hall da Casa da Ópera de Sydney.

É un órgano de estilo barroco. Posúe un total de 10.145 grandes tubos repartidos en filas de 200 con 131 claros rexistros, 5 teclados e pedais.

Foi deseñado e construído por Ronald Sharp. A súa construción iniciouse en 1969 tras se estimar un custo de 400.000 dólares, durante a obras da Ópera de Sydney, sendo finalizado en 1979 cun valor de 1,2 millóns de dólares, seis anos despois de terse inaugurado o pazo. Desde entón o órgano ten sido actualizado e modernizado, incluíndo unha importante obra feita no ano 2002, aínda que nos seus aspectos básicos e musicais seguen sendo os mesmos deseñados se construídos por Ronald Sharp.

Alén da súa tracción mecánica, tras as obras de 2002, un sistema electrónico permite ao órgano ser tocado remotamente a través dunha consola, ou, interpretar unha función ou pasaxe gravada mediante un sistema instalado nos teclados.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]