Gran Duque de Finlandia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Gran duque de Finlandia")
Xoán III de Suecia foi o primeiro en utilizar o título de gran duque de Finlandia

Gran duque de Finlandia (sueco: Storfurste av Finland, finés: Suomen suuriruhtinas), e ocasionalmente gran príncipe de Finlandia, foi un título real usado entre 1580 e 1720 pola maioría dos monarcas suecos. Tamén foi, de 1809 a 1917, o título oficial empregado polo emperador de Rusia en tanto que cabeza do autónomo Gran Ducado de Finlandia.

Arredor de 1580, Xoán III de Suecia que previamente fora duque de Finlandia (1556-1563) incorporou o título de gran duque de Finlandia ao dos reis de Suecia, con constancia da súa utilización por primeira vez en 1581 porén o título tan só se usou en ocasións moi formais xunto cunha longa ristra de títulos reais que correspondían aos monarcas suecos. O último monarca sueco en utilizar o título foi Ulrica Leonor de Suecia en 1720. Non obstante en 1802 o rei Gustavo IV Adolfo de Suecia déulle o título ao seu fillo recén nacido, Carlos Gustavo, que morreu tres anos despois.

Despois da guerra finesa entre Rusia e Suecia polo Tratado de Fredrikshamn do 17 de setembro de 1809, Finlandia coverteuse nunha entidade con autonmía do Imperio Ruso co nome de Gran Ducado de Finlandia cos emperadores rusos como titulares co título de gran duque.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas