Gran Turk
| Gran Turk | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | Cockburn Town |
| País | Reino Unido |
| Localización | Mar Caribe |
| Arquipélago | Illas Turcas |
| Linguas | |
| Poboación (2006) | 3.720 hab. |
| Superficie | 18 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 21°28′20″N 71°08′20″W / 21.47222°N 71.13889°W |
| Maior Altura | 20 m. |
| Localización | |
A Illa Gran Turca (Grand Turk Island) é a principal illa do territorio británico de ultramar das illas Turks e Caicos, correspondente ao arquipélago de Illas Turcas (que debe ser distinguido do arquipélago das Illas Caicos). Na illa atópase a capital do territorio, Cockburn Town e ten a segunda poboación en importancia con 3.720 habitantes.
A Illa Gran Turca tivo a atención internacional en 1962 cando a cápsula Friendship 7 do Proxecto Mercury de John Glenn amarizóu preto da illa. Unha réplica da cápsula atópase exposta no aeroporto.
O nome provén dunha especie de cacto da illa, que ten un tope distintivo, que recorda o gorro turco chamado fez.
A illa foi indicada como a verdadeira Guanahani, a primeira illa americana á que chegase Cristovo Colón o 12 de outubro de 1492