Gran Sol
O Gran Sol (escrito ás veces como Grand Sol) é un caladoiro situado no Atlántico norte, entre os paralelos 48º e 60º, ao oeste das illas Británicas. Destaca pola súa riqueza pesqueira, especialmente pola existencia de pescada, unha especie de gran rendemento económico.
Este caladoiro destaca tamén pola ferocidade dos seus temporais.
Desde antigo o caladoiro do Gran Sol foi explotado polos pescadores españois (nomeadamente os galegos) e portugueses, que navegan desde a costa cantábrica e atlántica para faenaren nas súas aguas.
O nome de Gran Sol provén do francés Grande Sole ("gran linguado"). Non se debe confundir co Box irlandés (Irish Box, en inglés), caladoiro este que está fóra do Gran Sol e que designa unha zona de pesca reservada acotada entre paralelos e meridianos (box) ao redor da illa de Irlanda.[1]
Convencionalmente o Gran Sol divídese no Gran Sol grande e o Gran Sol pequeno. Estas zonas defínense para fins de protección da pesca, estando limitadas pola costa ou as liñas de latitude e lonxitude seguintes:[2]
- Gran Sol pequeno (ICES Statistical Division VIIh)
- 48°N 5°W
- 49°30'N 5°W
- 49°30'N 7°W
- 50°N 7°W
- 50°N 9°W
- 48°N 9°W
- 48°N 5°W
- Gran Sol grande (ICES Statistical Division VIIj)
- 48°N 9°W
- 9°W ao sur da costa de Irlanda
- 52°30'N ao oeste da costa de Irlanda
- 52°30'N 12°W
- 48°N 12°W
- 48°N 9°W
Notas [editar]
- ↑ Luis González. "Más sobre el Box Irlandés". http://ec.europa.eu/translation/bulletins/puntoycoma/38/pyc382.htm. Consultado o 23/11/2012.
- ↑ The Cod (Specified Sea Areas) (Prohibition of Fishing) (No. 3) Order 1989. Consultado o 23/11/2012.