Gran Premio de San Marino de 1982

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Gran Premio de San Mariño de 1982»)
Gran Premio de San Marino de 1982
Detalles da carreira
Carreira 4 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1982.
Trazado do circuíto de Imola.
Trazado do circuíto de Imola.
Data 25 de abril de 1982
Nome oficial II Gran Premio de San Marino
Localización Autódromo Enzo e Dino Ferrari
Imola, Emilia-Romagna, Italia
Percorrido Circuíto permanente
5´040 km
Distancia 60 voltas, 302´´400 km
Pole position
Piloto Francia René Arnoux Renault
Tempo 1:29.765
Volta rápida
Piloto Francia Didier Pironi Ferrari
Tempo 1:35.036 na volta 44
Podio
Primeiro Francia Didier Pironi Ferrari
Segundo Gilles Villeneuve Ferrari
Terceiro Italia Michele Alboreto Tyrrell-Ford

O Gran Premio de San Marino de 1982 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 25 de abril de 1982 no Autódromo Enzo e Dino Ferrari en Imola, Italia. Foi a cuarta carreira do Campionato do Mundo de pilotos de 1982.

A carreira estivo marcada polo boicot de moitos equipos como parte dunha guerra política, non relacionado co evento en se, que involucraba as dúas forzas dominantes dentro do deporte, a FISA e a FOCA, o que provocou que a grella para esta carreira fora só de 14 coches. Foi a derradeira carreira de Gilles Villeneuve, xa que morreu na seguinte carreira en Bélxica.

Resumo[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: guerra FISA-FOCA.

Nunha decisión relativa ao Gran Premio do Brasil de 1982, Nelson Piquet e Keke Rosberg foron excluídos polo uso nos seus vehículos de tanques de auga de lastre para mantelos baixo o límite de peso durante a carreira. Seguiu unha protesta inmediata da Asociación de Construtores de Fórmula Un (FOCA), e nunha decisión que sucedeu logo do Gran Premio do oeste dos Estados Unidos decidiuse que a seguinte carreira sería boicoteada, a carreira era Imola.

Aínda que a maioría dos equipos aliñados na FOCA, como Brabham, McLaren, Williams e Lotus boicotearon a carreira, catro equipos Tyrrell, Osella, ATS e Toleman, romperon o boicot e participaron na carreira.

Incluso coa participación destes equipos ao comezo da carreira, só había 14 participantes no Gran Premio de San Marino, dos cales só os Ferrari e Renault eran considerados equipos competitivos. Isto non desanimou aos tifosi, talvez ata o contrario, xa que melloraban as posibilidades de Ferrari, e o lugar estaba cheo de espectadores.

Malia os Renault de René Arnoux e Alain Prost cualificaron 1º e 2º, os seus coches fallaron na carreira deixando a Ferrari ocupando as dúas primeiras posicións con Gilles Villeneuve e Didier Pironi liderando. O terceiro clasificado, o Tyrrell de Michele Alboreto quedou atrás, polo que Ferrari ordenou aos seus pilotos reducir a velocidade para minimizar o risco dunha falla mecánica ou quedar sen combustible. Villeneuve creeu que esta orde tamén significaba que os coches mantiveran a posición na pista, con Villeneuve por diante de Pironi. Pero, Pironi pensou que os coches estaban libres para disputar a carreira, e pasou a Villeneuve. Villeneuve creeu que Pironi simplemente estaba tratando de darlle vida a unha carreira doutro xeito aburrida, e debidamente volveu a pasar ao seu compañeiro de equipo, asumindo que logo manterían a posición para o resto da carreira. Así, Villeneuve non protexeu á liña interior ao entrar na curva Tosa na última volta, e Pironi pasoulle para levarse a vitoria. Villeneuve enfureceuse ante o que viu como unha traizón de Pironi, aínda que a opinión dentro do equipo Ferrari dividiuse sobre o verdadeiro significado da orde de reducir a velocidade. A expresión de Villeneuve era hosca no podio, enfurecido pola acción de Pironi. Foi citado despois dicindo: "Nunca volverei a falar con Pironi de novo na miña vida." Demostraron ser palabras proféticas, xa que aínda non se falaba co seu compañeiro de equipo cando morreu durante a cualificación para o Gran Premio de Bélxica, dúas semanas despois.

Manfred Winkelhock foi descualificado pola falta de peso do seu coche na verificación técnica posterior á carreira.

Malia que a maior parte dos equipos aliñados na FOCA boicotearon a carreira foi válida para o campionato do mundo. Isto foi causa de discordia cos equipos FOCA xa que as dúas anteriores carreiras boicoteadas celebradas durante a guerra (o Gran Premio de España de 1980 e Gran Premio de Suráfrica de 1981), foran declaradas fóra de campionato e non contaron para o campionato nin para os rexistros oficiais.

Cualificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Volta Diferenza
1 16 Francia René Arnoux Renault 1:29.765
2 15 Alain Prost Renault 1:30.249 + 0.484
3 27 Gilles Villeneuve Ferrari 1:30.717 + 0.952
4 28 Francia Didier Pironi Ferrari 1:32.020 + 2.255
5 3 Italia Michele Alboreto Tyrrell-Ford 1:33.209 + 3.444
6 23 Italia Bruno Giacomelli Alfa Romeo 1:33.230 + 3.465
7 22 Italia Andrea de Cesaris Alfa Romeo 1:33.397 + 3.632
8 35 Derek Warwick Toleman-Hart 1:33.503 + 3.738
9 31 Francia Jean-Pierre Jarier Osella-Ford 1:34.336 + 4.571
10 36 Italia Teo Fabi Toleman-Hart 1:34.647 + 4.882
11 4 Brian Henton Tyrrell-Ford 1:35.262 + 5.497
12 9 Alemaña Manfred Winkelhock ATS-Ford 1:35.790 + 6.025
13 32 Italia Riccardo Paletti Osella-Ford 1:36.228 + 6.463
14 10 Chile Eliseo Salazar ATS-Ford 1:36.434 + 6.669

Clasificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 28 Francia Didier Pironi Ferrari 60 1:36:38.887 4 9
2 27 Gilles Villeneuve Ferrari 60 + 0.366 3 6
3 3 Italia Michele Alboreto Tyrrell-Ford 60 + 1:07.684 5 4
4 31 Francia Jean-Pierre Jarier Osella-Ford 59 + 1 volta 9 3
5 10 Chile Eliseo Salazar ATS-Ford 57 + 3 voltas 14 2
DSC 9 Alemaña Manfred Winkelhock ATS-Ford 54 Descualificado 12
NC 36 Italia Teo Fabi Toleman-Hart 52 Non clasificado 10
Ret 16 Francia René Arnoux Renault 44 Turbo 1
Ret 23 Italia Bruno Giacomelli Alfa Romeo 24 Motor 6
Ret 32 Italia Riccardo Paletti Osella-Ford 7 Suspensión 13
Ret 15 Francia Alain Prost Renault 6 Motor 2
Ret 22 Italia Andrea de Cesaris Alfa Romeo 4 Eléctrico 7
Ret 4 Brian Henton Tyrrell-Ford 0 Transmisión 11
Ret 35 Derek Warwick Toleman-Hart 0 Eléctrico 8

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

  • Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de 1982
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1982
Carreira seguinte:
Gran Premio de Bélxica de 1982
Carreira anterior:
Gran Premio de San Marino de 1981
Gran Premio de San Marino Carreira seguinte:
Gran Premio de San Marino de 1983

Notas[editar | editar a fonte]

A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Consultado o 2007-06-16. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]