Gran Premio de Motociclismo dos Países Baixos
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Gran Premio de Motociclismo dos Países Baixos, tamén chamado Gran Premio de Holanda (ou como TT Assen ou Dutch TT; "TT" significa Tourist Trophy), é unha competición de motociclismo de velocidade que se celebra nos Países Baixos o último sábado de xuño de cada ano desde 1925. É unha das carreiras de motociclismo máis importantes do mundo. Desde a edición de 1955, o Gran Premio dos Países Baixos córrese no Circuíto de Assen.