Gran Premio de China
O Gran Premio de China (Lingua chinesa: 中国大奖赛 Pinyin:Zhōngguó Dàjiǎngsài) é unha carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1. Na actualidade celebrase no Circuíto Internacional de Xangai, Xangai, deseñado por Hermann Tilke. É a máis cara das instalacións dos circuíto de Fórmula Un, cun custo $ 240 millóns. e conta cunha das máis complicadas combinacións de curvas no calendario da Fórmula 1, comparable á curva 8 de Istambul.
Índice |
Historia [editar]
A visión dun Gran Premio de China iniciouse na década de 1990. O Goberno chinés previra inicialmente un circuíto de F1 na cidade de Zhuhai na provincia de Guangdong, o sur de China. O Circuíto Internacional de Zhuhai foi deseñado e construído e agregouse provisionalmente ao calendario de 1999 do Campionato do Mundo de F1, pero a pista non cumpre con certas normas establecidas pola FIA.
En 2002, anunciouse que a xestión do Circuíto Internacional de Xangai asinara un contrato de 7 anos coa Formula One Management para acoller o Gran Premio de China a partir da tempada 2004 ata a tempada 2011. O Gran Premio de China debutou o 26 de setembro de 2004, e foi gañado por Rubens Barrichello da Scuderia Ferrari. Ao ano seguinte, foi a sede da carreira final do campionato de Fórmula Un, na que o recentemente coroado campión do mundo Fernando Alonso gañou e reclamou o título de construtores para Renault F1. En 2006, o Gran Premio de China foi gañado por Michael Schumacher - a súa última vitoria na Fórmula Un antes da súa retiro temporal ao final da tempada.
En novembro de 2008 a BBC informou un funcionario, Qiu Weichang, suxerira que a carreira podíaser cancelada. A raíz dun anuncio similar sobre o Gran Premio de Francia, Qui Weichang dixo que o futuro da carreira estaba sendo reconsiderada, e a decisión tomaríase en 2009.[1]
2010 non viu ningún anuncio formal dunha ampliación da oferta inicial das 7 carreiras de 2004. En febreiro de 2011 foi pactado un novo acordo entre a F1 e os organizadores da carreira chinesa. As razóns do atraso parece ser a taxa que se paga á F1 para albergar a carreira. Logo de acumular perdas ano tras ano, os organizadores da carreira negabanse a pagar a cota requirida, informou que entre os mellor pagos para albergar unha carreira de F1. Parece serque os donos da F1 reduciron a taxa e exista xa un novo acordo para albergar a carreira de F1 ata 2017.[2]
| Ano | Piloto | Equipo | Data | Resultados |
|---|---|---|---|---|
| 2004 | Ferrari | 26 de setembro de 2004 | Resultados | |
| 2005 | Renault | 16 de outubro de 2005 | Resultados | |
| 2006 | Ferrari | 1 de outubro de 2006 | Resultados | |
| 2007 | Ferrari | 7 de outubro de 2007 | Resultados | |
| 2008 | McLaren- Mercedes | 19 de outubro de 2008 | Resultados | |
| 2009 | Red Bull Racing | 19 de abril de 2009 | Resultados | |
| 2010 | McLaren - Mercedes | 18 de abril de 2010 | Resultados | |
| 2011 | McLaren - Mercedes | 17 de abril de 2011 | Resultados | |
| 2012 | Mercedes | 15 de abril de 2012 | Resultados | |
| 2013 | Ferrari | 14 de abril de 2013 | Resultados |
Notas [editar]
- ↑ "China considers ditching F1 race". BBC News. 2008-11-14. http://news.bbc.co.uk/sport1/hi/motorsport/formula_one/7728866.stm. Consultado o 2010-04-28.
- ↑ "Shanghai extends F1 race for seven years". france24.com. 2011-02-17. http://www.france24.com/en/20110217-shanghai-extends-f1-race-seven-years. Consultado o 2011-02-24.