Gran Premio de Arxentina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Gran Premio de Arxentina foi unha carreira do campionato de Fórmula Un, que se celebrou de forma intermitente desde 1953 a 1998. A pesar de que xa non está no calendario de Fórmula Un, a carreira ten unha historia longa e variada. O presidente arxentino Juan Domingo Perón foi o impulsor da creación do circuíto, logo de ver o éxito do seu compatriota Juan Manuel Fangio.

Construído nun pantano nos arredores de Bos Aires en 1952, o "Autódromo", como era coñecido, ten un arco branco dedicado á memoria do Almirante Guillermo Brown (William Brown). O circuíto inaugurouse en marzo de 1952 cunha carreira da "Copa Perón", que foi gañada por Fangio. En 1953, o Autódromo acolleu a primeira carreira de Fórmula Un celebrada fóra de Europa. A carreira viu a Fangio retirarse co seu Maserati logo de 36 voltas debido a un fallo na transmisión; a vitoria de Alberto Ascari para Ferrari viuse ensombrecida por un accidente no que morreron nove persoas.

Ao ano seguinte, Fangio puido chegar ao chanzo máis alto do podio, ao gañar o Gran Premio do seu país no seu segundo intento, ía a gañar tres dos próximos catro Grandes Premios de Arxentina. En 1958, Stirling Moss acadou a vitoria, na que sería a penúltima carreira na distinguida carreira de Fangio. Co seu retiro, e co exilio de Perón (en 1955) que leva a varios gobernos inestables, o Gran Premio de Arxentina desapareceu do calendario da F1 en 1961 por máis dunha década.

Unha carreira non de campionato de Fórmula Un celebrouse en Bos Aires en 1971, gañou Chris Amon en dúas series. En 1972 o Gran Premio de Arxentina regresou ao Campionato Mundial, con Carlos Reutemann como novo heroe arxentino. Reutemann acadou a 'pole position' no seu debut no campionato do mundo, converténdose no segundo piloto en lograr esta fazaña. A carreira foi gañada polo campión do mundo Jackie Stewart. O Gran Premio permaneceu en Arxentina ata 1981. Pero a carreira de 1982 foi cancelada debido á invasión de Arxentina das Illas Malvinas e o repentino retiro de Reutemann tras o Gran Premio de Brasil de 1982.

Un consorcio privado, comprou o circuíto en 1991 e comezou a melloralo. Consiguen entrar no calendario de 1994. Pero a carreira (para outubro) foi abortada para continuar ca modernización. O Gran Premio de Arxentina regresou en 1995, coa vitoria de Damon Hill. Hill, ía gañar de novo a carreira en 1996, (a tempada do seu campionato), e en 1997 Jacques Villeneuve gañou a carreira tamén na tempada que gañou o seu campionato. Por desgraza, os organizadores do evento tropezaron con dificultades financeiras, e a carreira de 1998 foi a última edición do Gran Premio de Arxentina, ca vitoria de Michael Schumacher, no seu noveno triunfo para Ferrari.

A carreira celebrouse en 4 configuracións diferentes da mesma pista (que foi renomeada ao longo dos anos). De 1953 a 1960 a carreira correuse na configuración "Nº 2" , cunha combinación de curvas rápidas e amplas seccións estreitas e reviradas na zona do estadio. En 1953 a carreira correuse en sentido antihorario, pero todas as carreiras posteriores levaronse a cabo no sentido das agullas do reloxo. De 1971 a 1973 a carreira levouse a cabo na configuración "Nº 9" , máis ou menos a mesma que a configuración "Nº 2", pero a "Horquilla" fíxose máis apertada e máis curta. De 1974 a 1981 a carreira correuse na configuración "Nº 15", a configuración máis longa e rápida, cunha sección que combina duas curvas rápidas sucesivas dereita esquerda con dúas longas rectas e unha terceira curva espectacularmente longa e ancha (chamada Curvon) combinada coa sección interior da última configuración "nº 9". E logo de 1995 ata 1998 a carreira levouse a cabo na revirada configuración "Nº 6" utilizando só a sección interior e unha chicane que aseméllase a unha "S" de Ayrton Senna.

A carreira prevista para 1999, foi cancelada antes do inicio da tempada, deixando un espazo de 5 semanas entre as dúas primeiras carreiras do campionato de 1999.

Gañadores[editar | editar a fonte]

Gañadores múltiples (pilotos)[editar | editar a fonte]

Nº de vitorias Piloto Tempada
4 Flag of Argentina.svg Juan Manuel Fangio 1954, 1955, 1956, 1957
2 Flag of Brazil.svg Emerson Fittipaldi 1973, 1975
Flag of the United Kingdom.svg Damon Hill 1995, 1996

Gañadores múltiples (construtores)[editar | editar a fonte]

En negra Construtores que seguen competindo no campionato de Fórmula Un.

Nº de vitorias Piloto Tempada
4 Flag of the United Kingdom.svg Williams 1980, 1995, 1996, 1997
3 Italia Ferrari 1953, 1956, 1998
2 Italia Maserati 1954, 1957
Flag of the United Kingdom.svg Cooper 1958, 1960
Flag of the United Kingdom.svg McLaren 1974, 1975
Flag of the United Kingdom.svg Lotus 1973, 1978

Por Ano[editar | editar a fonte]

Ano Piloto Construtor Circuíto Resultados
1998 Alemaña Michael Schumacher Ferrari Buenos Aires No.6 Resultados
1997 Flag of Canada.svg Jacques Villeneuve Williams-Renault Buenos Aires No.6 Resultados
1996 Flag of the United Kingdom.svg Damon Hill Williams-Renault Buenos Aires No.6 Resultados
1995 Flag of the United Kingdom.svg Damon Hill Williams-Renault Buenos Aires No.6 Resultados
1994
-
1982
Non celebrado
1981 Flag of Brazil.svg Nelson Piquet Brabham-Ford Buenos Aires No.15 Resultados
1980 Australia Alan Jones Williams-Ford Buenos Aires No.15 Resultados
1979 Francia Jacques Laffite Ligier-Ford Buenos Aires No.15 Resultados
1978 Flag of the United States.svg Mario Andretti Lotus-Ford Buenos Aires No.15 Resultados
1977 Flag of South Africa.svg Jody Scheckter Wolf-Ford Buenos Aires No.15 Resultados
1976 Non celebrado
1975 Flag of Brazil.svg Emerson Fittipaldi McLaren-Ford Buenos Aires No.15 Resultados
1974 Flag of New Zealand.svg Denny Hulme McLaren-Ford Buenos Aires No.15 Resultados
1973 Flag of Brazil.svg Emerson Fittipaldi Lotus-Ford Buenos Aires No.9 Resultados
1972 Flag of the United Kingdom.svg Jackie Stewart Tyrrell-Ford Buenos Aires No.9 Resultados
1971 Flag of New Zealand.svg Chris Amon Matra Buenos Aires No.9 Resultados
1970
-
1961
Non celebrado
1960 Flag of New Zealand.svg Bruce McLaren Cooper-Climax Buenos Aires No.2 Resultados
1959 Non celebrado
1958 Flag of the United Kingdom.svg Stirling Moss Cooper-Climax Buenos Aires No.2 Resultados
1957 Flag of Argentina.svg Juan Manuel Fangio Maserati Buenos Aires No.2 Resultados
1956 Italia Luigi Musso
Flag of Argentina.svg Juan Manuel Fangio
Ferrari Buenos Aires No.2 Resultados
1955 Flag of Argentina.svg Juan Manuel Fangio Mercedes Buenos Aires No.2 Resultados
1954 Flag of Argentina.svg Juan Manuel Fangio Maserati Buenos Aires No.2 Resultados
1953 Italia Alberto Ascari Ferrari Buenos Aires No.2 Resultados

Notas[editar | editar a fonte]