Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Gran Pirámide de Giza é a máis vella e a única que sobrevive das sete marabillas do mundo. Os exiptólogos aceptan que a pirámide se construiu nun período de 20 anos, rematando ao redor do 2560 a.n.e., hai un consenso grande que a pirámide servía como tumba do faraón exipcio Queóps (Khufu) da IV dinastía, polo que ás veces aparece coa denominación de Pirámide de Cheops. Considérase a Hemiunu como o arquitecto da pirámide. A Gran Pirámide, a maior das 80 de Exipto, está constituída por ao redor de 2.500.000 bloques de pedra cun peso medio de 2 toneladas por bloque, aínda que algúns deles chegan ata as 60 toneladas de peso. Orixinalmente, estaba recuberta por uns 25.000 bloques de pedra branca calcaria puídos, creando así catro caras perfectamente lisas que reflectían os raios do sol. A Gran Pirámide foi a estrutura máis alta realizada polo home ata a construción da Torre Eiffel en 1900.
Cámaras e pasaxes interiores [editar]
- Acceso orixinal, no cara Norte, actualmente obstruido
- Acceso actual, ordenado abrir por Al-Mamun
- Bloques de granito, selando o acceso á pasaxe superior
- Pasaxe que comunica coa Cámara subterránea
- Cámara subterránea
- Pasaxe de acceso á Gran Galería
- Cámara da Raíña
- Pasaxe que comunica coa Cámara da Raíña
- Gran Galería
- Cámara do Rei e cámaras de descarga
- Antecámara
- Pasaxe perforada que comunica coa Gran Galería e a Cámara subterránea
- 7-10 Canais de ventilación
Imaxes do interior [editar]
-
Bloque de granito, selando o acceso
-
-
-
-
-
-
-
Cámara do Rei e Cámaras de descarga
Principais Monumentos na necrópole de Giza [editar]
A necrópole ocupa 160 km² a ambos os dous lados dun uadi: a rentes, atópanse as pirámides cun amplo campo ocupado por mastabas de nobres á beira. Nunha chaira, están os templos funerarios e a esfinxe. Alén do uadi, sobre uns outeiros, hai máis tumbas particulares.
Mapa da Necrópole de Giza
|
1. A Gran Pirámide de Giza
2. A Pirámide de Quefrén
3. A Pirámide de Micerinos
4. Templo funerario de Quefrén
5. Templos funerarios de Queóps e Micerinos
6. Pirámide auxiliar de Quéfren.
7. O templo do Val de Quefrén
8. O templo do Val de Micerinos
9. Tumba da raiña Hetepheres I
10. A mastaba da raíña Jentkaues
|
- 11. As pirámides das raíñas de Micerinos
- 12. As mastabas de cortesáns de Quefrén
- 13. A Grande Esfinxe de Giza
- 14. O templo da Esfinxe
- 15. A mastaba de Hemon
- 16. As mastabas occidentais
- 17. O control de entrada actual
- 18. Os foxos das barcas solares
- 19. Estradas de acceso actual
- 20. As tumbas hipoxeos
|
- 21. Almacéns dos artesáns
- 22. Estrada de aceso actual
- 23. Nazlet el-Samman
- 24. Calzadas procesionais
- 25. A canteira de Micerinos
- 26. O cemiterio (actual)
- 27. As tumbas hipoxeos do sur
- 28. Muros perimétricos
- 29. Mastabas e tumbas hipoxeos
- 30. O cemiterio de mastabas occidental
- 31. O cemiterio de mastabas oriental
|
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Commons ten máis contidos multimedia sobre: