Gran Hotel Bali

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gran Hotel Bali
Edificio
LocalizaciónBenidorm, España
Coordenadas38°31′55″N 0°09′50″O / 38.5319, -0.16399Coordenadas: 38°31′55″N 0°09′50″O / 38.5319, -0.16399
PropietarioGrupo Bali
Uso(s)Hotel
Construción
Construción2002
Dimensións
Altura186 metros
Pisos52
Equipo
Arquitecto(s)Antonio Escario
editar datos en Wikidata ]

O Gran Hotel Bali é un hotel da cidade española de Benidorm (Alacant), o máis alto de Europa. Inaugurado o 17 de maio do ano 2002, foi o edificio máis alto de España desde que superou á Torre Picasso ata novembro de 2006, data en que foi superado pola madrileña Torre Espacio. Ten un total de 186 metros, malia que o plan parcial de construción prevía unha altura de 210 metros. A instalación é de catro estrelas, e conta con 52 plantas nas que se atopan: 776 habitacións, doce delas suites, 68 suites júnior e outros dez dormitorios sen barreiras arquitectónicas.

Historia e características[editar | editar a fonte]

O Gran Hotel Bali, que está situado na Cala de Benidorm, empezou a construírse en 1990, cun orzamento próximo aos 2.000 millóns de pesetas, e a súa estrutura quedou terminada dez anos despois. A partir dese momento deu comezo a fase de habilitación e decoración de dependencias, distribuídas en dous edificios.

Está considerado como o hotel máis seguro de España xa que dispón de modernos sistemas informáticos para evitar catástrofes: materiais ignífugos, fiestras que se abren automaticamente para deixar saír o fume, portas que se pechan soas para evitar o paso do lume e un sofisticado dispositivo informático capaz de avisar aos técnicos sen a intervención humana.

O Gran Hotel Bali pertence ao grupo Bali, con outros dous hoteis tamén repartidos por Benidorm, nas dúas praias, o Cabana e o hotel Benidorm Center, de tres e catro estrelas respectivamente.

O director do proxecto, o arquitecto Antonio Escario, traballou xunto a un amplo equipo de colaboradores que deseñaron para este hotel unha estrutura en formigón armado, calculada polo Estudo de Enxeñería Florentino Regalado & Asociados para unha superficie total construída de 40.000 metros cadrados.

Anualmente o hotel alberga unha carreira de subida de escaleiras ata o miradoiro, estando a marca en posesión do australiano Paul Crake, que no ano 2003 ascendeu en 4 minutos e 35 segundos.

Desde o Gran Hotel celebrouse o primeiro campionato de salto base, o Spain Base 08. En 2009 empeza o Base Jump Extreme World Championship, o primeiro campionato mundial de salto base, que cada ano dará comezo no Gran Hotel Bali e percorrerá diversas cidades de todo mundo en busca dos mellores saltadores.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Torre Picasso
Edificio máis alto de España
2002-2007
Sucesor:
Torre Espacio