Gran Deusa Nai
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa mitoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa mitoloxía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Unha deusa nai é unha deusa que serve como deidade de fertilidade xeral. Nalgunhas culturas ademais é representada como Nai Terra, sendo a xenerosa personificación da Terra. Como tal, non tódalas deusas poden considerarse manifestacións da deusa nai.
Esta deusa é representada nas tradicións occidentais de moitas formas, das imaxes talladas en pedra de Cibeles a la Dione ("Deusa") invocada en Dódona, xunto con Zeus, ata finais da época clásica. Entre os himnos homéricos (seculos VII-VI a. C.) hai un dedicado á deusa nai chamado Himno a Xea, Nai de Todo. Os sumerios escribiron moitos poemas eróticos sobre a súa deusa nai Ninhursaga.