Gran Danés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gran Danés

O Gran Danés, Dogo Alemán ou Alano Alemán é unha raza canina coñecida polo seu gran tamaño e personalidade delicada, considerado como o «Apolo entre todas as razas» pola Federación Cinolóxica Internacional.

O Gran Danés, aínda sendo unha raza xigante, non debe de ser torpe no seu andar e movementos. O seu carácter debe ser amistoso e nunca tímido.

A súa constitución é forte e musculosa; non é nin lixeira nin dobre. Os machos deben ser de constitución máis forte cás femias.

A forma dos machos é cadrada; é tan alto coma longo. Ás femias "permiteselles" ser lixeiramente máis longas ca altas. A distancia da cruz a os ombreiros é igual ca o dos ombreiros ao chan.

Altura e peso[editar | editar a fonte]

A cruz[editar | editar a fonte]

Machos, non menos de 80 cm. Femias, non menos de 75 cm.

Peso[editar | editar a fonte]

Machos, aprox. entre 73 kg e 80 kg. Femias, aprox. entre 55 kg e 69 kg.

Pelaxe[editar | editar a fonte]

O seu pelo é un pouco groso, curto, brillante se se cepilla a diario, e algúns teñen o seu pelo pegado a súa pel máis ca outros.

Cor[editar | editar a fonte]

A FCI permite unicamente 5 cores:

  • Leonado: cor amarela dourada con máscara de cor negra. As cellas e bordos dos ollos deberán ser negros, mentres que as orellas e a punta da cola poden ser máis claros.
  • Atigrado: leonado e negro nun patrón a raias.
  • Azul: gris aceiro escuro, permitíndose marcas brancas en peito e patas.
  • Negro: negro acibeche puro, permitíndose marcas brancas en peito e patas.
  • Arlequín: cor branca con parches negros. O Gran Danés é a única raza que mostra este patrón de cor na súa pelaxe (o Dálmata ten manchas negras redondas).

Algúns exemplares que teñen manchas negras mostran pelos grises ao redor.

Ocasionalmente preséntanse outras cores, pero non son aceptadas en exposicións e polo mesmo non son activamente buscadas por criadores. Estas cores inclúen o «merlado»: cor gris con parches.