Orde de San Raimundo de Peñafort

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Gran Cruz de San Raimundo Peñafort»)
A Cruz de San Raimundo de Peñafort.

A Cruz de San Raimundo de Peñafort creouse en España, por Decreto do 23 de xaneiro de 1944, para premiar os relevantes méritos contraídos por cantos interveñen na Administración de Xustiza e no seu cultivo e aplicación do estudo do Dereito en todas as súas ramas, así como os servizos prestados sen nota desfavorable nas actividades xurídicas dependentes do Ministerio de Xustiza.

Descrición[editar | editar a fonte]

En virtude da autorización contida no artigo sexto do Decreto referido, fóronse ditando disposicións que desenvolven e complementan as normas que se estableceron para a concesión da condecoración mencionada, e co fin de evitar a dificultade e confusión nas citas e conseguir a unificación da disposición normativa proposta do Ministro de Xustiza.

Actualmente, os distintos graos desta Orde son:

Cruces[editar | editar a fonte]

  • Gran Cruz (antigamente Cruz Meritísima)
  • Cruz de Honra
  • Cruz Distinguida de 1ª Clase
  • Cruz Distinguida de 2ª Clase
  • Cruz Sinxela

Medallas[editar | editar a fonte]

  • Medalla de Ouro do Mérito á Xustiza
  • Medalla de Prata do Mérito á Xustiza
  • Medalla de Bronce do Mérito á Xustiza

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]