Gran Mesquita de Djenné

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gran Mesquita de Djenné
O trío de minaretes da Gran Mesquita, con vistas ao mercado central de Djenné.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísMali Malí
Localización43°23′13″N 8°24′17″O / 43.38694, -8.40472Coordenadas: 43°23′13″N 8°24′17″O / 43.38694, -8.40472
TipoCultural
Criteriosiii, iv
Inscrición1987 (XI sesión)
Rexión da UNESCOÁfrica
Identificador116

A Gran Mesquita de Djenné, tamén coñecida como a Mesquita do Gran Venres, é unha gran mesquita realizada en adobe na cidade de Djenné, Malí. A Gran Mesquita é considerada a maior estrutura de adobe do mundo. Ao longo da historia houbo canto menos tres mesquitas anteriores, incluíndo a mesquita orixinal do século XIII e dúas grandes reconstrucións dos séculos XIX e XX. Debido á súa localización nas rutas comerciais do Sáhara e na expansión do islam, Djenné converteuse nun sofisticado núcleo urbano e relixioso no século XIII.[1]

Os elementos máis característicos da arquitectura da Gran Mesquita de Djenné son a súa suavidade, os seus muros beixe de ladrillos, e os numerosos postes de madeira que sobresaen polos seus muros. Con todo, a fraxilidade dos seus muros obriga a reconstruílos con frecuencia.[1]

A Gran Mesquita de Djenné influenciou a arquitectura islámica doutros países de África, incluído Sudán.[1] É unha das obras cume da arquitectura sudano-saheliana.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Dickerson, Madelynn (2013). The Handy Art History Answer Book (en inglés). Detroit: Visible Ink Press. p. 87. ISBN 978-1-57859-417-7. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.