Gramátidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gramma loreto

Os Gramátidos (Grammatidae) son unha familia de peixes mariños incluída na orde dos Perciformes. A súa área de distribución redúcese á costa oeste tropical do Atlántico.

Características[editar | editar a fonte]

Algunhas especies teñen cores chamativas polo que son moi apreciadas como animal de acuario.

A liña lateral -cando está presente- divídese en dous segmentos. A aleta dorsal é longa e presenta 11-13 espiñas; a anal é curta; as pectorais, moi grandes, cunha espiña; nas pelvianas, unha espiña e 5 radios brandos.

Tódalas especies desta familia son de pequeno tamaño (menos de 10 cm).

Clasificación[editar | editar a fonte]

Divídense en dous xéneros e doce especies:

  • Xénero Gramma
  • Xénero Lipogramma

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Gramátidos
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Gramátidos