Graciela Iturbide

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Graciela Iturbide
Nome completoMaría Graciela del Carmen Iturbide Guerra
Nacemento16 de maio de 1942
Lugar de nacementoCidade de México
NacionalidadeMéxico
Alma máterEscuela Nacional de Artes Cinematográficas
Ocupaciónfotógrafa
CónxuxeManuel Rocha Díaz
FillosManuel Rocha Iturbide e Mauricio Rocha
PremiosBolsa de estudos Guggenheim, Prêmio internacional da Fundação Hasselblad, Premio Nacional de Ciencias y Artes e Lucie Award
Na rede
http://gracielaiturbide.org
IMDB: nm0411830 Dialnet: 2431582 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

María Graciela del Carmen Iturbide Guerra, nada o 16 de maio de 1942 na Cidade de México, é unha fotógrafa mexicana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1969 matriculouse no Centro Universitario de Estudios Cinematográficos da Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM). coa idea de converterse en directora de cine.[1] Porén, axiña a atraeu a fotografía a través de Manuel Álvarez Bravo, quen impartía obradoiros na universidade. En 1970 e 1971 foi a súa asistente e viaxaron por México e posteriormente por Latinoamérica (en particular, Cuba e Panamá).

En 1978 foi comisionada polo Instituto Nacional Indixenista de México para documentar a poboación indíxena do país. Iturbide decidió fotografar o pobo seri, pescadores nómades que habitan no deserto de Sonora, no noroeste de México, preto da fronteira co estado estadounidense de Arizona.

En 1979 foi invitada polo artista Francisco Toledo a fotografar a vila de Juchitán de Zaragoza, de cultura zapoteca, no estado de Oaxaca, no sueste mexicano. A serie, continuada até 1988, reflectiuse na publicación do libro Juchitán de las Mujeres en 1989.[2] Entre 1980 e 2000 foi invitada a traballar en Cuba, a RDA, a India, Madagascar, Hungría, Francia e os EUA.

En 2004, no 50 aniversario do pasamento de Frida Kahlo, foi invitada a fotografar a apertura de dous baños con obxectos e documentos da artista, fechados por Diego Rivera en 1954. O conxunto da obra orixinou a serie El baño de Frida, publicada en 2009.[3]

Desenvolveu o concepto da fotografía documental para explorar as relacións entre o ser humano e a natureza, o individual e o cultural, a realidade e o psicolóxico.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Graciela está emparellada co arquitecto Manuel Rocha Díaz e é nai do compositor Manuel Rocha Iturbide.

Exposicións individuais[editar | editar a fonte]

  • 1980 - Casa de Cultura de Juchitán, Oaxaca, México
  • 1982 - Centro Pompidou de París, Francia
  • 1990 - Museo de Artes Fotográficas. San Diego, EUA
  • 1991 - Festival de fotografía de Arlés, Francia
  • 1993 - Centro Cultura Chicago. Illinois, EUA
  • 1996 - Museo de Arte Contemporánea de Monterrey, México
  • 1997 - Museo de Arte de Filadelfia, EUA
  • 1999 - Museo de Arte de Helsinqui, Finlandia
  • 2000 - Museo de Bellas Artes de Argentina
  • 2002 - Galería López Quiroga, México
  • 2004 - Galería Robert Miller, USA
  • 2006 - Galería Throckmorton Fine Art, Nova York, EUA
  • 2006 - Wittliff Gallery, Austin, Texas, EUA
  • 2007 - Museo Nacional da Muller nas Artes. Washington, EUA
  • 2007 - El baño de Frida. Centro de Exposicións do Aeropuerto Internacional da Cidade de México; Roma, Italia
  • 2007 - Ojos para Volar. Centro de la Imagen, México
  • 2008 - Torrijos: The Man and the Myth. Americas Society, Nova York, EUA
  • 2012 - Museo Frida Kahlo, México
  • 2018 - PhotoEspaña 2018. Centro de Arte Alcobendas, España
  • 2018 - Graciela Iturbide. Fundación Barrié, España
  • 2019 - Graciela Iturbide: cuando habla la luz. - Palacio de Iturbide, Cidade de México.

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • Avándaro (1971). Texto de Luis Carrión. Cidade de México: Editorial Diógenes.
  • Los que viven en la arena (1981). Texto de Luis Barjau. Cidade de México: INI-Fonapas.
  • En el nombre del padre (1981). Texto de Osvaldo Sánchez. Cidade de México: Ediciones Toledo.
  • Sueños de papel (1985). Texto de Verónica Volkow. Cidade de México: Fondo de Cultura Económica, Colección Río de Luz.
  • Juchitán de las Mujeres (1989). Texto de Elena Poniatowska. Cidade de México: Ediciones Toledo.
  • Fiesta und Ritual (1994). Textos de Erika Billeter e Verónica Volkow. Suiza: Benteli Werd Verlags A.G.
  • Graciela Iturbide: La forma y la memoria (1996). Texto de Carlos Monsiváis. Monterrey: Museo de Arte Contemporáneo de Monterrey, MARCO.
  • Graciela Iturbide, Images of the Spirit (1996). Textos de Alfredo López Austin e Roberto Tejada. Nova York: Aperture Foundation, Inc.
  • Graciela Iturbide (2001). Texto de Cuauhtémoc Medina. Londres: Phaidon.
  • Pájaros (2002). Textos de José Luis Rivas e Bruce Wagner. Santa Fe: Twin Palms Publishers.
  • Graciela Iturbide habla con Fabienne Bradu. Conversaciones con fotógrafos (2003). Madrid: La Fábrica, Fundación Telefónica, PHE Photoespaña.
  • Woman A Celebration (2003). Editado por Peter Fetterman. San Francisco: Chronicle Books.
  • Naturata (2004) Texto de Fabio Morábito. Cidade de México / París: Galería López Quiroga y Toluca Editions.
  • 12 days en Mozambique (2006). Catálogo da exposición. Photography Festival of Rome, Italia.
  • Graciela Iturbide (2006). Madrid: Tf Editores.
  • Graciela Iturbide: Eyes to fly with / Ojos para volar (2006). Textos de Fabienne Bradu e Alejandro Castellanos. Austin: University of Texas Press.
  • Graciela Iturbide: Roma (2007). Catálogo da exposición. Textos de Elisabetta Rasy e Marco Delogu. Photography Festival of Rome. Roma: Zoneattive Edizioni.
  • Graciela Iturbide: Juchitan (2007). Texto de Judith Keller. Los Ángeles: Paul Getty Museum.
  • El baño de Frida Kahlo (2009). Cidade de México: Editorial RM e Galería López Quiroga.
  • Graciela Iturbide (2009). Textos de Marta Dahó, Juan Villoro e Carlos Martín García. Madrid: Fundación MAPFRE.
  • Graciela Iturbide: Asor (2010). Obra electroacústica de Manuel Rocha Iturbide. Göttingen: Little Steidl.
  • Graciela Iturbide: Juchitán de las mujeres: 1979-1980 (2010). Cidade de México: Editorial RM e Calamus Editorial.
  • Graciela Iturbide: México – Roma (2011). Cidade de México: Editorial RM.
  • Graciela Iturbide: No hay nadie / There is no one (2011). Texto de Oscar Pujol. Madrid: La Fábrica.
  • Graciela Iturbide (2011). Textos de Michel Frizot e Robert Delpire. París: Lunwer y PhotoPoche.
  • Graciela Iturbide (2012). Catálogo da exposición. Cidade de México: Museo Amparo e Editorial RM.

Premios[editar | editar a fonte]

  • 1980 - Primeiro Premio. I Bienal de Fotografía, INBA, Cidade de México
  • 1983 - Bolsa de produción para o ensaio: Recuerdos de Infancia. Consejo Mexicano de Fotografía, Cidade de México
  • 1986 - Premio pola serie: El empleo o su carencia.
  • 1986 - UNESCO – International Labor Organization. Fotografía do ano, Segundo premio.
  • 1986 - ¨Magazine Feature¨ Award, University of Missouri, School of Journalism e National Press Photographers Association
  • 1987 - Premio W. Eugene Smith pola serie: Juchitán. W. Eugene Smith Memorial Foundation
  • 1988 - Bolsa da Fundación Guggenheim polo proxecto: Fiesta y Muerte. Gran Premio. Mois de la Photo, París
  • 1989 - Premio Hugo Erfurth. Leverküsen, Alemaña
  • 1990 - Gran Premio Internacional. Museo da Fotografía, Hokkaido, O Xapón
  • 1991 - Premio Rencontres Photographiques. Arlés, Francia
  • 2002 - Bolsa Richard T. Castro Distinguished Visiting Professor. Denver, Arizona, EUA
  • 2005 - Premio da Cidade de Benevento, Italia
  • 2007 - Premio Legacy Award. Smithsonian Latino Center. Washington, EUA
  • 2008 - Honorary Degree en fotografía. Museum of Contemporary Photography, Columbia College, Chicago, EUA
  • 2008 - Premio da Fundación Hasselblad. Gotemburgo, Suecia
  • 2009 - Premio Nacional de las Artes, Cidade de México
  • 2009 - Honorary Doctorate of Arts. San Francisco Art Institute, EUA
  • 2010 - Premio PhotoEspaña Baume & Mercier. Festival PhotoEspaña, Madrid, España.
  • 2010 - Premio Lucie Award. Nova York, EUA
  • 2013 - Premio Trayectoria Artística. Chobi Mela VII International Festival of Photography, Dakha, Bangladés. 2013
  • 2015 - Premio Cornell Capa, distinción especial á traxectoria profesional en fotografía dos Premios Infinity outorgado polo Centro Internacional da Fotografía (ICP).
  • 2017 - Premio Internacional de Fotografía de Alcobendas.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Graciela Iturbide". cadadiaunfotografo.com (en español). 3 de xaneiro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2016. Consultado o 03 de abril de 2022. 
  2. "Graciela Iturbide" (PDF). embamex.sre.gob.mx (en castelán). 2013. Consultado o 3 de abril de 2022. 
  3. MacMasters, Merry (5 de maio de 2009). "Graciela Iturbide interpreta los objetos del dolor hallados en el baño de Frida". .jornada.com.mx (en castelán). Consultado o 3 de abril de 2022. 
  4. "Centro de Arte Alcobendas - Premios y Becas". www.centrodeartealcobendas.org. Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2019. Consultado o 20 de xaneiro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]