Algodoeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Gossypium»)
Algodoeiro (xénero Gossypium)

Leira de algodoeiros, cos froitos chegados e abertos.
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Dilleniidae
Orde: Malvales
Familia: Malvaceae
Subfamilia: Malvoideae
Tribo: Gossypieae
Xénero: Gossypium
L., Sp. Pl., vol. 2, p. 693, 1753 [1]
Especies

Véxase no texto

Sinonimia

Flor de Gossypium darwinii

Algodoeiro é o nome vulgar dado ás especies do xénero botánico Gossypium L., da familia Malvaceae. Existen arredor de 40 especies, arbustivas, algunhas das cales son utilizadas para a produción da fibra téxtil coñecida coma algodón ou cotón. O xénero contén 60 taxones específicos e infra-específicos aceptados, dos case 380 descritos,[2] todos oriúndos das rexións tropicais e subtropicais tanto do Vello Mundo coma das Américas e unhas poucas foron introducidas en moitos outros sitios.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

En galego a planta recibe ademais do nome de algodoeiro o de algodón (nome reservado normalmente ao produto). Os termos galegos algodón e cotón virían do árabe. Algodón do árabe hispano: alquṭún (o cotón); cotón directamente do árabe clásico quṭn.

Descrición[editar | editar a fonte]

En estado salvaxe, os arbustos do algodoeiro atinxen até 7 m de altura. As follas son grandes, con tres, cinco (ou mesmo sete) lobos. As sementes están contidas nunha cápsula, estando cada unha envolvida nunha fibra felpuda designada polo vocábulo inglés linter. As especies máis utilizadas para fins comerciais son G. hirsutum (Estados Unidos e Australia), G. arboreum e G. herbaceum (Asia), e G. barbadense (Exipto). Os linters son, xeralmente brancos, mais existen tamén variedades de cor castaña ou verde que, para non contaminaren xeneticamente a variedade branca, teñen a súa plantación prohibida preto das grandes producións de algodón.

Sinonímia do xénero[editar | editar a fonte]

Especies[editar | editar a fonte]

Especies utilizadas para fins téxtiles
Outras especies de Gossypium
  • Gossypium sturtianum Willis – algodoeiro de Sturt, nativo de Australia.
  • Gossypium thurberi Tod. – algodoeiro salvaxe do Arizona, nativo do Arizona, Novo México e norte de México.
  • Gossypium tomentosum Nutt. ex Seem – Ma‘o ou algodoeiro do Hawai, especie endémica das illas do Hawai. O seu lint é curto e castaño avermellado, non sendo apropiado para a produción téxtil.
  • Lista completa

Clasificación do xénero[editar | editar a fonte]

Sistema Clasificación Referencia
Linné Clase Monadelphia, orde Polyandria Species plantarum (1753)

Algodón.

Pragas e doenzas do algodoeiro[editar | editar a fonte]

Pragas[editar | editar a fonte]

Campo de algodón no Xardín Botánico de Sukhum, foto de arredor de 1912.

Doenzas[editar | editar a fonte]

Algodón xeneticamente modificado[editar | editar a fonte]

O algodón xeneticamente modificado (GM) foi creado co obxectivo de redución do uso de pesticidas. Plántase en todo o mundo e crese que implica un 80% menos de uso de pesticidas en comparación co algodón normal. Segundo o Servizo Internacional para Adquisición de Aplicacións Biotecnolóxicas Agrícolas (ISAAA), a área total mundial dedicada ao cultivo de algodón xeneticamente modificado é de 67,000 km² en 2002. Isto representa arredor de 20% da área total usada para o cultivo de algodón. As colleitas norteamericanas de algodón xeneticamente xa representan o 73% do total da produción nacional.

A introdución inicial de Algodón GM en Australia foi un desastre comercial - as colleitas foron menores que as previstas e os algodoeiros fixeron polinización cruzada con outras variedades de algodón. Con todo, coa introdución dunha segunda variedade de algodón GM, a produción deste tipo de algodón pasou a representar o 15% da produción nacional australiana en 2003 e 80% en 2004, cando a variedade orixinal foi practicamente suprimida.

Algodón orgánico ou biolóxico[editar | editar a fonte]

Flor de Gossypium hirsutum polinizada por un abesouro en Hemingway, Carolina do Sur.

O algodón ou cotón orgánico ou biolóxico é aquel que procede de algodoeiros cultivados sen uso de pesticidas ou aditivos químicos fertilizantes, recorrendo a métodos de menor impacto ambiental. Este tipo de algodón é especialmente utilizado na produción de lenzos, bufandas e quimonos. Existen diferentes niveis de certificación deste xénero de produto mais, en xeral, esíxese que os solos onde a planta é cultivada non teña recibido tratamento químico ningún nos últimos tres anos antes da plantación.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Gossypium en USDA-GRIN Taxonomy for Plants". Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2011. Consultado o 02 de xullo de 2014. 
  2. Gossypium en The Plant List
  3. "Gossypium en Flora Ibérica, RJB/CSIC, Madrid" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de setembro de 2015. Consultado o 02 de xullo de 2014. 
  4. Nome vulgar galego recomendado polo Servizo de Normalización Lingüística da USC

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]