Gorila do oriente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gorila do oriente
Macho adulto de gorila do oriente.
Macho adulto de gorila do oriente.
Estado de conservación
En perigo
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Familia: Hominidae
Xénero: 'Gorilla'
Especie: ''G. beringei''
Nome binomial
''Gorilla beringei''
(Matschie, 1903)
Área de distribución do gorila do oriente.

Área de distribución do gorila do oriente.
Subespecies

G. b. beringei
G. b. graueri

O gorila do oriente (Gorilla beringei) é unha das dúas especies do xénero Gorilla e o maior primate existente na actualidade. Á súa vez, o gorila do oriente está dividido en dúas subespecies: o gorila oriental das chairas (G. b. graueri) e o gorila de montaña (G. b. beringei). O primeiro é o máis abondoso, con entre 4.000 e 5.000 individuos[1], mentres que en novembro de 2012, estimouse que a poboación total de gorilas de montaña ascendía a 880. A pesar de que o seu número está medrando lentamente con respecto a anos anteriores, o gorila de montaña segue a considerarse como unha especie en perigo crítico de extinción.[2] Ademais, algúns científicos consideran unha terceira subespecie coñecida como gorila de Bwindi (que representa arredor da metade da poboación de gorila de montaña).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Gorillas on Thin Ice". 15 de xaneiro de 2009. http://www.unep.org/Documents.Multilingual/Default.asp?DocumentID=556&ArticleID=6033&l=en&t=long. : "The Eastern Lowland Gorilla population in the DRC has plummeted dramatically over the last 10 years, with probably only about 5,000 of the formerly 17,000 animals remaining."
  2. Aldred, Jessica (13 de novembro de 2012). "Mountain gorilla numbers rise by 10%". http://www.guardian.co.uk/environment/2012/nov/13/mountain-gorilla-population-rises. Consultado o 29 de xullo de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gorila do oriente

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]