Gorila do occidente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gorila do occidente
Macho adulto de gorila do occidente.
Macho adulto de gorila do occidente.
Estado de conservación
En perigo
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Familia: Hominidae
Xénero: 'Gorilla'
Especie: ''G. gorilla''
Nome binomial
''Gorilla beringei''
(Savage, 1847)
Área de distribución do gorila do occidente.

Área de distribución do gorila do occidente.
Subespecies

G. g. gorilla
G. g. diehli

O gorila do occidente (Gorilla gorilla) é unha das dúas especies do xénero Gorilla. Á súa vez, o gorila do occidente está dividido en dúas subespecies: o gorila oriental das chairas (G. b. gorilla) e o gorila do río Cross (G. b. diehli). Case a totalidade dos gorilas do occidente pertencen á subespecie do gorila oriental das chairas, cunha poboación entre 95.000 e 100.000 individuos. Estímase que só quedan de 250 a 300 gorilas do río Cross.

Descrición[editar | editar a fonte]

En comparanza co gorila do oriente, o gorila do occidente e sensibelmente máis pequeno, pesa menos, ten unha figura máis estilizada e a súa pelaxe é máis clara. O gorila occidental das chairas caracterízase pola coloración da súa pelaxe, que pode ir dende o marrón até o gris, e a fronte alaranxada. Os machos miden entre 160 e 170 cm de altura e pesan arredor dos 140 kg.[1][2] As femias son máis pequenas e miden entre 120 e 140 cm de alto e o seu peso oscila entre os 60 e 80 kg. Os gorilas do occidente meirandes poden chegar ós 200 kg nos machos e ós 98 kg nas femias.[2][3] O gorila do río Cross diferénciase no maior tamaño da súa caveira e dos seus dentes. Tamén é uns 10-15 cm máis alto e 20-35 kg máis pesado. Perante isto, segue a ser máis pequeno e lixeiro que o gorila de montaña e o gorila oriental das chairas, que están consideradas as subespecies de maior tamaño.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Williamson, E.A. and Butynski, T.M. (2009) Gorilla Gorilla In: Butynski, T.M. (Ed) The Mammals of Africa Volume 6. Elsevier Press, In Press
  2. 2,0 2,1 Burnie D and Wilson DE (Eds.), Animal: The Definitive Visual Guide to the World's Wildlife. DK Adult (2005), ISBN 0789477645
  3. [1]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gorila do occidente

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]