Gorila de montaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gorila de montaña
Macho adulto de gorila de montaña.
Macho adulto de gorila de montaña.
Estado de conservación
Crítico
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Familia: Hominidae
Xénero: 'Gorilla'
Especie: 'G. beringei'
Subespecie: G. b. berengei
Nome trinomial
Gorilla beringei beringei
(Matschie, 1914)
Área de distribución do gorila de montaña (en cor azul).

Área de distribución do gorila de montaña (en cor azul).

O gorila de montaña (Gorilla beringei beringei) é unha das dúas subespecies do gorila do oriente. A súa área de distribución está dividida en dúas poboacións separadas. Unha delas localízase nas Montañas Virunga de África Central, que abranguen tres parques nacionais: o Parque Nacional do gorila de Mgahinga de Uganda; o Parque Nacional dos Volcáns en Ruanda e o Parque Nacional de Virunga na República Democrática do Congo. A outra atópase no Parque Nacional Impenetrábel de Bwindi. Algúns científicos cren que a poboación de Bwindi constitúese como unha subespecie separada dentro do gorila do oriente.[1] Esta poboación representa aproximadamente a metade da poboación de gorila de montaña. En novembro de 2012, estimábase que a poboación total de gorilas de montaña ascendía a 880. A pesar de que o seu número está medrando lentamente con respecto a anos anteriores, o gorila de montaña segue a considerarse como unha especie en perigo crítico de extinción.[2]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "The Subspecies Concept in Primatology: The Case of Mountain Gorillas". Primates. 2001.
  2. Aldred, Jessica (13 de novembro de 2012). "Mountain gorilla numbers rise by 10%". http://www.guardian.co.uk/environment/2012/nov/13/mountain-gorilla-population-rises. Consultado o 29 de xullo de 2013.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gorila de montaña

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Groves, C. (2001). Primate Taxonomy ISBN 1-56098-872-X
  • Adams, D., Carwardine, M., Last Chance to See, ISBN 0-330-32002-5 Pan Books, London, 1991
  • Harcourt, A.H. (1979). Social relationships among adult female mountain gorillas. In Animal Behaviour, vol. 27.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]