Gorgullo (insecto)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gorgullo.

Gorgullo é o nome xenérico aplicado a varias especies de insectos coleópteros da familia dos curculionídeos, sendo un dos máis coñecidos o gorgullo do eucalipto.

As especies endémicas de gorgullos alóxanse nas sementes ou vaíñas de legumes, tamén nos ourizos das castañas (gorgullo da castaña) e mesmo atacan os cereais almacenados en celeiros ou cabazos.