Gorgui Dieng

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gorgui Dieng
Posición Pivote
Información persoal
Nacemento 18 de xaneiro de 1990 (34 anos)
Kébémer
Nacionalidade Senegal Senegal
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 110 kg (248 lb)
Información da carreira
Instituto Huntington Prep
(Huntington, West Virginia)
Universidade Louisville (2010–2013)
NBA Draft 2013 / Rolda: 1 / Elección: 21
Por Utah Jazz
Carreira 2013–2023
Historial de equipos
Minnesota Timberwolves (2013–2020)
Memphis Grizzlies (2020–2021)
San Antonio Spurs (2021)
Atlanta Hawks (2021–2022)
San Antonio Spurs (2022–2023)

Gorgui Dieng, nado o 18 de xaneiro de 1990 en Kébémer, é un ex xogador senegalés de baloncesto profesional.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Dieng foi elixido na 21ª posición do Draft da NBA de 2013 polos Utah Jazz e foi traspasado ós Minnesota Timberwolves xunto á 14ª elección, Shabazz Muhammad, a cambio da 9ª elección, Trey Burke.[1]

O 20 de marzo de 2014, nun partido contra os Houston Rockets, Dieng fixo 22 puntos e 21 rebotes, converténdose no primeiro rookie da historia dos Timberwolves en facer 20 puntos e 20 rebotes nun encontro.[2]

O 6 de febreiro de 2020, Dieng foi traspasado ós Memphis Grizzlies nun traspaso entre tres equipos.[3] O 26 de marzo de 2021, Dieng foi cortado polos Grizzlies.[4]

O 29 de marzo de 2021, Dieng asinou cos San Antonio Spurs.[5]

O 9 de agosto de 2021, Dieng asinou cos Atlanta Hawks.[6]

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Tempada regular[editar | editar a fonte]

Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS
2013-14 Minnesota 60 13.6 .498 1.000 .634 5.0 0.7 0.5 0.8 4.8
Total 60 13.6 .498 1.000 .634 5.0 0.7 0.5 0.8 4.8

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Baumgardner, Nick (2013-06-27). "On the move: Trey Burke ends up with Utah Jazz after being traded by the Minnesota Timberwolves". MLive.com. Consultado o 2013-06-28. 
  2. "Harden leads Rockets over Timberwolves 129-106". Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2014. Consultado o 08 de xullo de 2014. 
  3. "Memphis Grizzlies acquire Justise Winslow, Gorgui Dieng and Dion Waiters in three-team trade with Miami Heat and Minnesota Timberwolves". NBA.com. 6 de febreiro de 2020. Consultado o 6 de febreiro de 2020. 
  4. "Memphis Grizzlies waive Gorgui Dieng". NBA.com. 26 de marzo de 2021. Consultado o 26 de marzo de 2021. 
  5. "Spurs sign Gorgui Dieng". NBA.com. 29 de marzo de 2021. Consultado o 29 de marzo de 2021. 
  6. "Atlanta Hawks Sign Gorgui Dieng". NBA.com. 9 de agosto de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]